Luns. 20.05.2024
El tiempo

Felipe e Corredoira toman o mando dos barcos de Fisterra e Zas

Felipe e Corredoira toman o mando dos barcos de Fisterra e Zas
Felipe Candamo e Manolo Corredoira Felipe Candamo e Manolo Corredoira volven aos campos da Costa e dirixirán a SD FIsterra e ao Sporting Zas respectivamente

Imos completando o groso de adestradores na táboa do Mercado de fichaxes “donCLIC”. Esta pasada noite do domingo 30 de xullo servíu para coñecer os novos inquilinos de dous dos bancos máis codiciados das nosas ligas: Fisterra e Zas.

Por Fisterra, despois dos 4 inmellorables anos de Nacho á fronte do club verde, culminados con esa histórica Copa da Costa, terán o seu relevo na figura de Felipe Candamo. O muradán volverá aos banquiños despois de pasar polo Soneira en temporadas pasadas, para manter o equipo na 1ª Autonómica.
O cadro fisterrán comezou coas fichaxes esta pasada semana co anuncio de Paulo, porteiro corcubionés procedente do Cee.

Por Zas, será Manuel Corredoira o escollido por esa directiva comprometida que salvou o equipo da desaparición. O actual delegado da FGF na Costa, compaxinará os cargos e volverá sentar no banquiño do equipo da súa casa para esta nova andaina pola Liga da Costa.
Corredoira xa conta con algunha fichaxe como Álex Mourelle, procedente do Castriz, Pablo Fuentes (do Laxe), David Blanco (Baíñas) ou a volta de Ismael.

Con estes dous movementos, son xa 17 novos adestradores este curso nos equipos da zona, quedando aínda pendentes de equipos como o Cee (que xa ten nova directiva), do Volantes, (onde xa practicamente teñen pechado un home da zona) ou do Outes B aínda en proceso de planificación.

Serán un total de 20 novos adestradores dos 36 equipos que sairán a competir esta vindeira temporada.

Máis información

 

Máis movementos de verán

Fonte

Comentarios