Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Manolín volve aos banquiños

Manolín volve aos banquiños
Manolín volverá ao San Paio de Refoxos-Foto- Marcos Rodríguez Non lle gusta ser esclavo das súas palabras pero a realidade é que non aguantaba as gañas de poñer de novo o chandal, e poñerse a berrar dende a banda. Dous anos despois do anuncio da súa “retirada”, o adestrador máis laureado do noso fútbol da Costa volve aos banquiños. Manolín non lle puido dicir que non a un Ameixenda que leva tempo detrás del, e quería contar con esta lenda do noso fútbol, despois da media temporada que pasara á fronte do club amarelo na tempada 2014/2015. Manolín substituirá a José Manuel Pato, que deixa o club ao non ter o título tras unha gran campaña, quedando as portas do ascenso. Tócalle o turno a Manolín de novo, que terá que ir de novo á Biblioteca Francisco Mayán de Cee a retomar moitos dos libros que cedeu hai dous anos. Manolín contará con xente que xa coñece e seguro que o equipo buscará o ascenso dende a primeira xornada. Un novo movemento máis nos bancos da Costa. En breve completaremos unha táboa con todos os adestradores e as fichaxes que se van producindo.

Novas de Manolín

Conversas co Mito

Máis movementos de verán

Fonte

Comentarios