Martes. 30.04.2024
El tiempo

Volve o día do planeta nas Torres do Allo

Obradoiro do Planeta Torres do Allo
Volve o día do planeta nas Torres do Allo

O 21 de Abril ás 16:00h as Torres do Allo celebra o día do Planeta cunha serie de sinxelas manualidades con materiais biodegradables para os rapaces e rapazas de entre 4 e 10 anos. Nesta actividade gratuita os participantes aprenderán como aproveitar materiais simples que se poderían atopar na casa para crear divertidos xoguetes ou decoracións para darlles un toque natural ás habitacións dos nenos e nenas.

O obradoiro será gratuito e con prazas limitadas polo que será preciso inscribirse facilitando datos como o nome e apellidos do participante, a idade e un número de teléfono aos seguintes contactos: Centros Socioculturais de Zas ou Baio (981 751 398 / 981 718 056) ou no mesmo correo das Torresdo Allo ([email protected]).
Ademáis da actividade tamén se propocionan os servizos de visitas guiadas polo pazo ás 13:00h e ás 17:00h. Tamén estarán dispoñibles as exposicións de “As Torres tal como eran” e “Terra de pazos” onde explicarán como foron as Torres do Allo antes da súa restauración e información sobre todos os pazos e casas grandes de toda a Costa da Morte.

Comentarios