Venres. 17.05.2024
El tiempo

Carballo recibe a "Escoba de oro" pola súa xestión do lixo

limpeza-viaria-aspaber-Carballo
Aspaber é
Carballo recibe a "Escoba de oro" pola súa xestión do lixo

Xa en 2022 foi merecedor da Escoba de Plata, pero neste 2024, Carballo convértese no único concello de 20.001 a 50.000 habitantes que recibirá o premio Escoba de Oro, outorgado pola Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente (Ategrus).

A asociación eleva a distinción ao concello “polo novo contrato do servizo de limpeza viaria, cun aumento do 36% respecto do anterior". Un contrato outorgado ao "centro Aspaber, que realiza o servizo a través de persoas con discapacidade psíquica, o que permitiu ter unhas rúas máis limpas e unha poboación máis concienciada, destacando como as accións con apoio social son moito máis efectivas”.

Ategrus concede cada dous anos os Premios Escobas de Plata, Oro y Platino aos organismos que, segundo apunta a propia asociación, “máis destacan polas súas iniciativas ambientais, premiando os esforzos realizados para estimular os avances tecnolóxicos e de concienciación que serven para ir mellorando a nosa calidade de vida e a sustentabilidade”. 

Ao acto de entrega dos premios, previsto para o 19 de xuño en Madrid, no marco do Foro de Medio Ambiente y Sostenibilidad, asistirá o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales. 

Comentarios