Venres. 03.05.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Outes achégase á promoción

Monte Louro-Outes
Foto da vitoria do Outes en Louro de Edu Olveira
2ª Galicia: O Outes achégase á promoción

Co título de liga xa decidido, a atención da Liga da Costa, a falta de 3 xornadas, céntrase na loita pola promoción e por evitar o descenso.

Foi unha xornada marcada pola homenaxe, en todos os campos, a Alejandro, o eterno cormelán que falecía prematuramente esta semana por mor dun cancro.

No deportivo, por arriba, o Outes, que tamén celebou esta fin de semana o título Infantil, deu un paso firme vencendo en Louro, polo que avantaxe en 4 puntos a Corme (vencía ao Cabana) e a 5 do Ponteceso (que caeu en Cee e case se despide da loita) na pelexa por esa 5ª praza que lle servirá para medirse a Mazaricos, Muxía e Porteño na fase de ascenso á 1ª.

Por abaixo non suma ninguén. Volantes, Baíñas e Camelle seguen empeñados en descender, e seguen no pozo, co fraticida Baíñas-Volantes da última xornada no horizonte.

Mazaricos - Muros (0-1)

  • Mazaricos: Iván Baña, Sanchiño, Borja, Raúl, Fran Pose, José Ángel, Marcos, Brais, Iago, Molinos e Sandelo. Tamén: Ricardo, David, Rachón e Luís Mayán.
  • Muros: Ginky, Samuel, Gesto, Juanchy, Pelos, Fran, Xaco, Xavi, Xaquín, Dani Jurjo, Tamén: Vara e Javi Pugil.
  • Goles: 0-1, m.50: Xaquín de cabeza a centro de Samu.

A sorpresa da xornada douse no Pino do Val. Demasiado relaxados saíron os amarelos, que non souberon combinar de todo, ante un equipo muradán que saía, con baixas importantes, pero moi ben armado atrás. O Mazaricos dominaba o balón e territorialmente pero non sufrían os celestes na primeira metade, e os locais ían desesperándose co paso dos minutos.

Nada máis saír na segunda, nunha das súas poucas chegadas, o Muros se metía por diante e se armaba máis aínda. Os de Marcos comezaron a carburar, e estiveron mellor na segunda metade, tendo ocasións para marcar, pero sen acerto ante un Muros moi combativo. Varios córners, unha de Ricardo e unha de Marcos no último minuto foron as mellores ocasións dos amarelos.

Corme - Cabana (1-0)

  • Corme: Adrián, Borja Torrado, Eloy Villar, Teo, Mauro, Senén, Noel, Laik, Yago, Isra e Alejo. Tamén: Quique, Brais Pailos, Miguel, Martín e Hugo.
  • Cabana: Manu Nantón, Ferreiro, David Rei, Mario, Miguel, Micky Pose, Nando Rey, Diego Méndez, Simón, Aarón e Manuel Romero. Tamén: Kelyan, Roi, Pablo Pose, Iván Rey, e Christian.
  • Gol: 1-0, m.64: Alejo a centro de Borja Torrado.

O patido comezana cunha das múltiples homenaxes que lle rendeu esta fin de semana o Corme a Alejandro, cun minuto de silencio, brazalete negro e o equipo coa camiseta co 3 para sacar a foto inicial.

No deportivo, o Cabana de Pablo comezou mandando e levando a iniciativa, pero se atopou cun grandísimo Adrián que mantivo ao Corme no partido con varias paradas de mérito.

Igualouse a cousa no segundo tempo, e no ecuador aparecía Alejo para rematar un centro de Borja Torrado para asinar o único tanto do partido. O Cabana intentouno pero o ran traballo defensivo dos de Adrián Lema permitiumanter os 3 puntos no Cairo.

Cee - Ponteceso (4-2)

  • Cee: Yago, Jonathan, Borja, Iago Trillo, Bujeiro, Anxo, Jose, Adam, Doiuck, Eze e Bruno. Tamén: Isaías, Oreiro, Jorge, Roberto e Carlos.
  • Ponteceso: Damián, Eloy Trigo, Juan, Iván Rod., Pedro, Ángel, David Castro, Mendieta, Alberto Recarey, Neira. Tamén: Ures, Eloy Álvarez, Álvaro, e Raúl.
  • Goles: 1-0, m.4: Bruno; 1-1, m.11: David Castro; 2-1, m.37: Adam tras combinación con Eze e Bruno; 3-1, m.57: Adam; 3-2, m.82: Pedro; 4-2, m.86: Bruno.

Perdeu o Ponteceso a comba da loita pola promoción e fíxoo ante un Cee que suma a Adam, que o ano pasado xogou en Fisterra, á dupla formada por Eze e Bruno. Moito calor e máis goles que ritmo no San Paio de Refoxos. Comezaba pegando o Cee, cun Eze que se colaba entre o medio e a defensa pontecesá e que filtraba pases para os extremos. Marcaba Bruno e pesar de ter un par de ocasións era David o que empataba pronto para os de Julio Vila. O partido tinha alternativas pero foron os visitantes os que colleron a manixa pero sen ocasións, mentres que os de Rafa si que levaban máis peligro e conseguiron adiantarse tras unha boa xogada dos tres de arriba. Terían os visitantes outra boa oportunidade a pés de Mandieta que Iago Pazos desbaratou

Empurrou máis os visitantes na segunda, se ben á contra facía dano o Cee. De novo Adam ampliaba a vantaxe. Pedro recurtou e o cadro da Ponte tivo un par dde ocasións para empatar por medio de Iván Rod. e Eloy Álvarez antes de que Bruno sentenciase o choque.

Monte Louro - Outes (0-1)

  • Monte Louro: Pedro, Verán, Óscar Fari, Pablo, David Pais; Raúl, Fabioo, Xián, Álvaro Fari, Luismi, Xián e Javi. Tamén: Abel Rey, Íker, Riki, Rodri e Manolo Chouza.
  • Outes: Dani, Jura, Claudino, Martín, Estefan, Babu, Pablo (Aarón I.), Iván (Hugo Caamaño), Keko, Ryan (Adrián) e Yago Dosil (Veleiro).
  • Gol: 0-1, m.36: Keko.

Monte Louro-Outes-Edu Olveira

Partido bronco, cun cadro local moi tosco, incapaz de crear perigo ante un Outes moi serio, coas ideas claras, que soubo manexar os tempos e non sufríu. A primeira foi máis igualada, de poder a poder. Avisaban os da Serra e Pablo Tuñas, Keko e Yago gozaron de boas oportunidades para adiantarse antes de que, pasada á media hora, unha boa internada de Keko por banda dereita permitía facer o 0-1 para os de Alex Romero.Antes do descanso tiveron os locais Raúl e Xián un par de balóns á madeira para poder empatar.

Tras o descanso, o Outes recuperamos a firmeza defensiva, e o cadro de Bibi foi incapaz de crear perigo. Varias foron as oportunidades para aumentar a renda, pero nin Ryan, nin Yago, nin Keko estiveron atinados, mantendo a incerteza ata o pitido final.

Porteño - Coristanco (4-0)

11 do Porteno na Grixa-Foto-Parker
11 do Porteño na Grixa-Foto-Parker
  • Porteño: José (Sergio), Nico (Manoliño), Pejo, Pablo, Rodrigo, Mayor, Joseba, Nico, Alan, Darío e Brais.
11 do Coristanco na Grixa
11 do Coristanco na Grixa. Foto: Parker
  • Coristanco: Rubén, Kevin, Alex, Randy, Sergio, Dani Vázquez, Lou, Regueira, Raúl, Diego Ferreiro e Casti. Tamén: Ángel.
  • Goles: 1-0, m.17: Pejo; 2-0, m.32: Mayor de falta, un golazo; 3-0, m .45: Darío; 4-0, m.53: Alan de penalti.
minuto de Silencio por Alejandro no Porteno-Coristanco da Grixa
Minuto de Silencio por Alejandro na Grixa

Recuperou as sensacións na Grixa o Porteño de Cousillas. Se ben non foi o seu mellor partido con balón, si que saíron moi fortes, cunha presión moi alta, e gañando os duelos e moi serios, o que lles permitía roubar arriba e facer dano. Pronto adiantou Pejo aos locais e Mayor facía o segundo cun golazo de falta.

O Coristanco, con moitas baixas, dominou por momentos, pero sen acerto, rematando cun resultado demasiado abultado para o visto no campo.

Campo da Grixa cun Porteno-Coristanco

Camelle - Castriz (0-3)

  • Camelle: David C.; Martín, Ruso (Rubén), Dido, Pastelero (Quintero), Chans, Estiben, Pablo (Pirata), Chori (Óscar), Makareno e Mariño (Sergio).
  • Castriz: Gerpe, Fabián, Elvis, Jairo, Martín, Álvaro, Adrián García, Iván Facal, Noli, Sebas, Iván Pastoriza. Tamén: Coke, Rodo, Samuel Castro e Piñeiro.
  • Goles: 0-1, m.10: Sebas de penalti cometido sobre Iván Pastoriza; 0-2, m.23: Sebas e centro de Iván Pastoriza; 0-3, m.86: Noli aproveita o rexeite de David C. a un tiro de Iván Facal.

Partido con pouca tensión competitiva, dominado polo Castriz, cun Camelle ben ordenado, que aguantaba como podía as embestidas dos campións de Liga. Con entradas por banda facían dano e pronto se adiantaban. Estirábase ás veces o cadro de Sergio que tivo un par de chegadas á área rival.

Na segunda, o Camelle foi quen de tratar cara a cara a un Castriz máis canso, tendo algunha ocasión para recurtar, pero a falta de acerto dos camelláns é crónica. No treito final, xa cos cambios, o Castriz recuperou o mando en ampliou a renda.

Baíñas - Camariñas (1-3)

  • Baíñas: Maikel (Porteria), Raul, Maikol, Dylan, Charly, Adrian, Kevin, Cristian, Marcos, Ruly e Fabián. Tamén: Héctor, Manu, Edu e Aníbal.
  • Camariñas: Pablo, Víctor, Caamaño (Oliver), Roi, Pablo Suárez, Moriño (Manuel), Hugo (Carlos), David, Soule (Brais), Mario e Djibril.
  • Goles: 0-1, m.12: David; 0-2, m.20: Caamaño; 0-3, m.35: Hugo; 1-3, m.80: Aníbal.

Entraron moi nerviosos no campo os de Sanchiño, que seguen sufrindo a situación de emerxencia que viven na táboa. E o Camariñas foi mellor, non concederon ocasións, e arriba aproveitaban cada erro para meter un puñal. Pablo Suárez mandou ao longueiro e Djibril tiña un man a man que puideron aumentar na renda nunha segunda metade máis igualada, cun cadro local máis concentrado, e tamén creando perigo. No último terzo do partido Aníbal recurtaba e o Camariñas quedaba con 10 pola expulsión de Roi, pero o arreón dos vimianceses foi insuficiente.

Volantes - Muxía (1-7)

Volantes-Muxia-Foto-Marina Busto
Volantes-Muxia-Foto-Marina Busto
  • Volantes: Alex de Yi, Javi, Teijo, Ayuba, Mannu, Kevin Waldomar, Oladipo, Raúl Lestón, Pesco, Manu de Yi e Borja. Tamén: Ángel, Adrián Abeijón, Barreiro e Anxo.
  • Muxía: Ángel, Peski, Anxo, Michael, Gusa, Víctor Alcaina, Manu Martínez, Mauro, Julián, Hugo e Manu Nogueira. Tamén: Mateo, Congui, Fran Moreira, Darío e David.
  • Goles: 0-1, m.4: Hugo; 0-2, m.16: Mauro; 0-3, m.36: Víctor Alcaina; 0-4, m.46: Mauro; 0-5, m.58: Gusa; 0-6, m.64: Fran Moreira; 1-6, m.67: Adrián Abeijón; 1-7, m.76: Mauro.
Manu Nogueira e Pesco no Volantes-Muxia-Foto-Marina Busto
Manu Nogueira e Pesco no Volantes-Muxia-Foto-Marina Busto

Impuxo ben o seu ritmo dende o principio o Muxía, gracias ao traballo de todo o equipo na presión, a pesar de ter moitas baixas e contar con xuvenís como o dianteiro Hugo Haz e o meta Ángel sobre o céspede do Eleuterio. O Volantes, con numerosas baixas e a defensa en cadro, non puido aguantar o xogo combinativo do cadro muxián, moi ben co balón e moi acertados cara gol.

Victor Alcaina celebrando un gol do Muxia en Muros-Foto.Marina Busto
Victor Alcaina celebrando un gol do Muxia en Muros-Foto.Marina Busto

MÁIS INFO

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

 

Comentarios