Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Calcinada unha nave da Picota nun incendio industrial

Bombeiros incendio nave Mazaricos
Calcinada unha nave da Picota nun incendio industrial

Esta noite rexistrábase un incendio industrial nunha nave dedicada a productos agrícolas da Picota, en Mazaricos, da Cooperativa CLUN.

Eran as 23:0h cando o 112 alertaba aos Bombeiros Xallas – A Barcala, mobilizando tamén ao SMPC Mazaricos, GES Muros, a Motobomba forestal, o Palista Concello e a Garda Civil. 

Á chegada dos bombeiros o incendio estaba moi avanzado (ata en Fisterra se chegou a notar o incendio), afectando a cuberta e a un tercio das instalacións, con gran cantidade e diversidade de productos no interior.

Os medios colaboraron xuntos na extinción e retirada de combustible para o exterior, conseguindo deste xeito limitar os danos do incendio e dando por extinto as 04:00 horas.

 incendio nave Mazaricos

TENDA CLUN PECHADA

Neste momento estanse avaliando os danos materiais e investigando as causas do lume. Por estas razón a tenda de CLUN da Picota permanecerá pechada.

Coa excepción desta tenda, os demais servizos da cooperativa manteñen a súa actividade normal en todas as outras fábricas, tendas e sedes. Deste xeito a recollida de leite, os servizos veterinarios, servizo de penso e a produción de produtos lácteos están perfectamente garantidos.

A Cooperativa agradece "todas as mostras de apoio e cariño que nos están chegando dende empresas, do ámbito cooperativo, veciños... e, especialmente, á Xunta de Galicia e ao Concello e Mazaricos pola súa colaboración dende o primeiro momento".

Comentarios