Luns. 06.05.2024
El tiempo

A Operación Pangono Pangono conseguirá, dende Bértoa, un minibús para as mozas dunha residencia de Malawi

presentacion_minivan-Operacion Pangomo
A Operación Pangono Pangono conseguirá, dende Bértoa, un minibús para as mozas dunha residencia de Malawi

Nos anos 2017 e 2018, a caravana solidaria da Operación Pangono Pangono (que significa “pouco a pouco” en chichewa, principal lingua de Malawi) promoveu e facilitou a celebración das Rutas de Autocaravanas Nómadas Solidarias, que permitiron a montaxe de varios sistemas solares fotovoltaicos en Malawi, concretamente na residencia para mozas estudantes Amai María e no orfanato de Chezi en Malawi.

Este 2024 renace este proxecto, reconvertindo en #miniVAN_Area49, gracias ao patrocinio da empresa Nómadas Motorhome, situada en Carballo e dedicada á venda e aluguer de autocaranas. Esta semana nas súas instalacións do polígono de Bértoa (Carballo) presentavan a campaña solidaria deste ano da man de Ricardo Baamonde Couto, presidente de Operación Pangono Pangono, e Lucía Figueira, xerente de Nómadas Motorhome.

Pangono Pangono é unha asociación formada por persoas con perfís profesionais técnicos (enxeñaría, electricidade, fontanaría,...) que realiza instalacións técnicas naquelas partes do mundo onde máis o necesitan. Moitos son mestres de FP que adican as súas vacacións a axudar en lugares como Malawi.

Un minibus para Malawi

MiniVan Area 49_v1 copia

Ricardo Baamonde, na súa intervención, quixo agradecer á empresa carballesa a súa iniciativa en poñer en marcha outro proxecto solidario para axudar ás mozas malawianas da residencia Amai María da Área 49 da capital do país Malawi, esta vez apoiando a compra dunha miniVAN (minibus) para que poidan desprazarse as súas escolas espalladas ao longo da cidade africana de Lilongwe. Lembrou as anteriores iniciativas promovidas por Nómadas Motorhome coa celebración das rutas en autocaravana pola Costa da Morte, as Rutas Nómadas Solidarias, que permitiron a instalacións de varias instalacións fotovoltaicas e bombeos solares en hospitais, orfanatos e residencias de estudantes de Malawi. Destacou a importancia e a axuda que vai representar nos seus estudos para as mozas estudantes da Residencia Amai María poder dispoñer dunha minivan propia para desprazarse ás súas escolas.

A xerente da empresa Nómada Motorhome, Lucía Figueiras, quixo aproveitar para lembrar a boa experiencia das Rutas Nómadas Solidarias e como logo da pandemia xa se propuxeron realizar outra iniciativa solidaria para tratar de axudar ás mozas africanas para que poidan rematar os seus estudos de secundaria e universitarios. 

Crowfunding

Así mesmo, indican que están a realizar unha campaña de micromecenazgo na plataforma migranodearena.org

Carreira da Luz

Aproveitouse a presentación do proxecto #miniVAN_Area49 para lembrar que este venres día 26 celebrarase a VI Carreira da Luz, organizada pola comunidade educativa do IES Miraflores de Oleiros, e que este ano realizarase en apoio do proxecto #miniVAN_Area49.

Máis novas

Comentarios