Venres. 03.05.2024
El tiempo

A biblioteca da rúa San Xoán lembra a Manuel Facal cunha pequena mostra de libros

Mostra de Libros Manuel Facal
A biblioteca da rúa San Xoán lembra a Manuel Facal cunha pequena mostra de libros

A morte de Manuel Facal o pasado 6 de abril aínda mantén a Carballo de luto. Mentres avanza o arraigo da Fundación Manuel Facal, o Concello de Carballo quere homenaxealo como merece a Manuel Facal Ponte. Así, ao mesmo tempo que traballan na organización dun acto institucional, a biblioteca da rúa San Xoán xa lembra ao artista plástico máis internacional cunha pequena mostra literaria.

Na exposición, acompañada por un cartel no que se alude ás súas facetas artísticas de pintor, gravador, escultor ou fotógrafo, tamén descubrimos ao Facal escritor e podemos afondar na súa figura a través das palabras que lle teñen dedicado autores coma Xavier Seoane ou Alberto González-Alegre.

Manuel Facal

Manuel Facal, nado en Carballo o 20 de xullo de 1943, abandonou a carreira de Enxeñería Técnica para dedicarse á súa paixón: a arte. Alternaba longas estancias en Málaga con Carballo, aínda que residiu en diferentes países, e a súa obra foi exposta en todo o mundo. Nos anos 80 participou no Grupo Atlántica, o grupo galego de arte contemporánea máis importante internacionalmente. No ano 2002 constituíuse en Carballo, co apoio do Concello, a fundación que leva o seu nome coa intención de velar pola conservación e a difusión da súa obra.

Máis novas