Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O orzamento de Camariñas segue prorrogado dende 2022

Pleno do Camarinas
O orzamento de Camariñas segue prorrogado dende 2022

Houbo pleno este pasado venres en Camariñas, e un dos puntos que se botou de menos é o dos Orzamentos. Porque como preguntou o BNG os Orzamentos Municipais seguen sen enfrontarse e aínda están vixentes os de 2022. O grupo socialista respondeu que está “casi listo”, pero que dependía

O grupo preguntou tamén polas biondas dandas da estrada da Ponte do Porto a Camelle (DP-1601), que xa denunciaba a semana pasada, dado que presenta deficiencias de seguridade.

Lembrou ao Concello a súa obriga e esixir aos propietarios de parcelas privadas a súa limpeza, e do contrario que o Concello actúe de oficio e pase a factura. Poñen de exemplo a zona do pavillón onde se vai celebrar a Mostra que ten varias fincas ao arredor en moi mal estado.

Ademais o grupo do BNG preguntou unha proposición para o reaxuste do límite municipal entre os concellos de Camariñas e Vimianzo no lugar de Lexas. Que o Concello de Camariñas proceda cos trámites para modificar o PXOM, rectificando o deslinde actual e recollendo o límite según as actas de deslinde de 1930. E que se inicien os trámites para comunicar ao Instituto Xeográfico Nacional que o deslinde recollido na súa cartografía non se axusta ás citadas actas, e que proceda a rectificar.

O grup nacionalista, ademais de presentar unha moción para apoiar a reivindicacións do femininsmo galego, que saíu aprobada cos votos de BNG e PSOE a a abstención do PP, preguntou ademais polo custe total para o Concello da presenza en Fitur 2024, incluíndo vídeos promocionais, alugueres de espazos de publicidade, gastos de desprazamentos e estancias.

O grupo de goberno deu resposta, e a viaxe de 3 concelleiras, e a promoción da viaxe tivo un gasto total de 20.000 euros: 

  • Viaxe en tren a Madrid: 1031€
  • Taxis a Compostela: 335
  • Folletos: 381
  • Revista Turismo Coruña: 1210
  • Reportaxe publicitaria en La Voz de Galicia: 2662
  • Vídeo de promoción: 10.890€
  • Alugueiro de pantallas en Callao, Madrid: 3968€.

Comentarios