Luns. 20.05.2024
El tiempo

Senda Nova inicia cunha proxección as xornadas de Interpretación dos Bosques

Senda Nova inicia cunha proxección as xornadas de Interpretación dos Bosques
senda nova xornadas interpretacion dos bosques Coa entrada no mes de marzo, a asociación ecoloxista Senda Nova pon en marcha a décima edición das "Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016" coas que persegue poñer en valor o bosque autóctono galego, tan amezado en toda a comunidade e, especialmente, na Costa da Morte. Por esta razón, estas xornadas inclúen actividades dirixidas a todos os públicos centrándose, especialmente, no traballo de sensibilización dos rapaces e rapazas da bisbarra. Butaca Verde Coa colaboración do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia - CEIDA - proxectaránse unha serie de documentais onde se tratan as diferentes problemáticas e amezas coas que se enfrentan os bosques autóctonos nas diferentes partes do mundo. Todos os documentais proxextaranse na biblioteca Rego da Balsa de Carballo e a entrada é de balde. Programación:
  • Martes, 1 de marzo, ás 21 horas: "Amazonía Carbonizada". Sinopse: Actualmente esta zona colócase no epicentro das negociacións internacionais que buscan un acordo global para atallar o cambio climático. A Amazonía enfróntase a outras feridas como a crueldade, o asesinato e a depredación da súa cultura indíxena e da súa biodiversidade.
  • Xoves, 10 de marzo ás 20 horas "Green". Sipnose:Green narra as consecuencias da deforestación en Indonesia a través dos ollos dunha femia de orangután que foi rescatada en condicións extremas. Este problema, ademais de producir grandes danos ambientais, está a causar a acelerada perda dunha das especies de primate máis cercana a nós, o orangután.
  • Martes, 15 de marzo ás 20 horas "Marcha atrás" de Ecoloxistas en Acción. Sipnose: Cada vez con maior frecuencia vemos vehículos 4x4 nas nosas rúas e carreteras. O todoterreo pasou de ser un vehículo para o traballo profesional no campo a un vehículo de uso diario, que se asocia a valores como a liberación, o estatus, o salvaxe, o poder ou a seguridade. Este documental analiza o noso modelo de transporte a través dos vehículos 4x4 e a cultura do motor.
Sendeirismo Para Senda Nova, o sendeirismo segue a ser unha ferramenta perfecta para o achegamento ao bosque autóctono máis cercano. Co compromiso de potenciar a contorna máis próximo e, neste caso, as manchas boscosas máis prezadas da comarca, organizan unha serie de camiñatas onde se interpretarán as diferentes especies arbóreas da zona de Bergantiños.
  • 6 de marzo, Camiños de Aldemunde. Esta é unha ruta que discorre polos concellos de Cerceda, Carballo e Tordoia. Cruza case por completo un dos bosques mellor conservados da zona: a Ribeira da Pena. É un territorio dunhas 80 hectáreas vertebrado polo río Abelleira que cae dende a meseta de Ordes á chaira de Bergantiños dun xeito saltarín. O espazo mantén unha altísima humidade e ten representadas multitude de prantas autóctonas como a silvarda, abeleira, castiñeiro, carballo, acivro, ameneiro... Nel ten acubillo a fauna máis representativa e incluso se teñen visto pegadas de xabarín, corzo, londra.... O roteiro completase cunha visita a un muíño en funcionamento, a un castro e ao dolmen da Pedra Moura.
  • 12 de marzo, Río Bardoso-Berbia. Esta xornada divídese en dúas partes. Ao longo da mañá visitarase o curso medio-alto do río Bardoso, ao seu paso pola parroquia de Montemaior (A Laracha). As marxes dos ríos poden ser un bó exemplo dun excelente patrimonio aínda ben conservado. Este é o caso do curso medio-alto do Bardoso. Ao patrimonio extrictamente arbóreo sumase o río. A estrutura fluvial en bó estado de conservación é a base dun dos ecosostemas máis interesantes para o estudo e conservación. Este tramo de río está excelentente conservado grazas ás actuacións recentes do cConcello da Laracha. As marxes manteñense limpas e en bó estado para disfrutar nunha época de ríos cheos de auga e son e de antigos muíños que nos transportan a tempos pasado de alta sociabilidade arredor deles. A tarde completase coa visita ao bosque da Berbia, na parroquia carballesa de Entrecruces. Tratase dunha fermosa mancha na que habitan moitas especies arbóreas autóctonas a pesares da cada ves maior introdución do eucalipto e a acacia. Tamén teñen importancia varias especies de fento, algunha delas sen apenas evolución dende a época dos dinosaurios.
Os interesados en participar nestas camiñatas, que son gratuitas, deben apuntarse antes do venres anterior a cada unha das saídas no número de teléfono 696155232 ou a través do correo electrónico [email protected]. Día da Árbore Como vén sendo habitual, celebrase o día da Árbore no casco urbano de Carballo ás 11 horas. Esta é unha actividade familiar que ten como obxectivo sensibilizar aos participantes da importancia das diferentes especies autóctonas.   Novas relacionadas Fonte  

Comentarios