Luns. 20.05.2024
El tiempo

Senda Nova desfruta dun inverno ancestral

Senda Nova desfruta dun inverno ancestral
Os asistentes desfrutaron cos distintos xogos tradicionais Os asistentes desfrutaron cos distintos xogos tradicionais A asociación ecoloxista Senda Nova continúa co seu programa de "Inverno Ancestral" co que promove a diversión, a socialización e o respecto polo medio. O pasado domingo un bo grupo de nenos e maiores desfrutaron dunha agradable xornada. O voluntariado do Senda Nova encargouse de organizar diversos xogos tradicionais que se desenvolveron na rúa Colombia de Carballo.. Carreiras de sacos, xogos de canicas, recollida de carozos, tiro de boina, zancos e ata carreira de cintas ao lombo e en carretilla foron algunhas das actividades coas que pasaron un bo anaco da tarde dominical. A actividade da organización continúa hoxe no local social das Pozacas, en Cerqueda. Onde os veciños e as veciñas teñen unha cita coas "Historias de inverno". Apalpador apalpador-carreira-zas Ao mesmo tempo, Senda Nova continúa coa preparación da visita do Apalpador que chegará o vindeiro domingo, 3 de xaneiro, ás 17 horas no local social da asociación de veciños O Santiaguiño de Carreira, en Zas. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios