Luns. 20.05.2024
El tiempo

Senda Nova recupera as historias dos maiores de Zas

Senda Nova recupera as historias dos maiores de Zas
Ricardo, Leonor, Jose e Dulzura contaron as súas "Historias de inverno" Ricardo, Leonor, Jose e Dulzura contaron as súas "Historias de inverno" A parroquia de Lamas, en Zas, reviviu onte unha noite das de antes grazas ao programa de Invernos Ancestrais de Senda Nova. Unha noite na que o tempo se detivo, na que as novas tecnoloxías non roubaron a atención e na que se falaron de cousas cotiás e doutras épocas. Ricardo Rey, Leonor Carreira, Josefa López e Dulzura Freire foron os encargados de darlle a marcha atrás ao reloxo e contar as historias máis anecdóticas da súa época da escola. Tamén tiveron tempo a recordar como eran as festas da súa mocidade así como a súa visión sobre a política e a economía. Grazas ás "Historias de Inverno" que se organizaron en diferentes parroquias da Costa da Morte, Senda Nova pon en valor o patrimonio inmaterial que se oculta tras os maiores. Ao longo deste ano e de finais do pasado, este programa viaxou ata as parroquias de Caión, Cances, Aldemunde e Cerqueda. Novas relacionadas Fonte

Comentarios