Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Os escolares celebran o Samaín

Os escolares celebran o Samaín
Os alumnos e alumnas do CEIP Santa Eulalia de Dumbría participaron en diversas actividades relacionadas co Samaín Alumnos e alumnas do CEIP Santa Eulalia de Dumbría participaron en diversas actividades relacionadas co Samaín A comunidade educativa da Costa da Morte involucrouse esta semana cunha das festas máis terroríficas do ano: o Samaín. Así, durante estes días os rapaces e rapazas botaron fóra o seu inxenio - aínda que algúns contaron coa axuda dos pais - para decorar as súas cabazas tan típicas destas datas e de fácil cultivo na bisbarra. Tal é o caso, entre outros moitos, do CEIP Santa Eulalia de Dumbría que, a través do equipo de Coordinación e Dinamización da Lingua Galega e do equipo de Coordinación de Actividades Complementarias e Extraescolares, celebraron un ano máis o Samaín. Foron moitas as actividades relacionadas con este tema as realizadas ao longo de toda a semana. Polo que, segundo relatan, a escola parecía máis ben unha casa encantada onde tanto nenos e nenas como parte do profesorado contaron diversidade de historias nas que chegaron a vivirse auténticos momentos de pánico. O alumnado máis novo do CEIP Santa Eulalia acuidiu onte ás clases disfrazados de personaxes de medo O alumnado máis novo do CEIP Santa Eulalia acuidiu onte ás clases disfrazados de personaxes de medo O colofón final foi onte, cando todos os cativos e cativas viñeron disfrazados de diferentes personaxes de medo, relacionando deste xeito o Samaín coa festa do Halloween, a cal todos coñecen moi ben debido ás diversas actividades feitas na clase de inglés. Ao longo de toda a semana o alumnado decorou tamén parte da escola cos seus calacús. A metereoloxía impediulles colocar estas cabazas polos camiños do concello dumbriés tal e como fixeron en anos anteriores. E todo este traballo tivo como recompensa unha boa farta de caramelos doados polo concello. Fonte

Comentarios