Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Olimpo que deu nome a unha comarca enteira

O Olimpo que deu nome a unha comarca enteira
Mapa Comarca Monte Pindo 1812

Un novo achádego en forma de mapa dá nova conta da importancia do Monte Pindo en toda a provincia. Segundo un mapa de 1812, o Monte Pindo deu nome á comarca natural sita entre os ríos Xallas e Tambre, rescatando un tema tremendamente actual, unha vez temos aberto o debate aberto sobre a comarcalización do noso país e a fusión dos concellos.

A Asociación Monte Pindo Parque Natural, despois de rescatar o Condado de Carnota da Idade Media, asegura que este espazo, que comprende actualmente os municipios de Carnota, Muros, Outes eMazaricos, con lindes algo máis difusos ao interior, se mantivo ata ben entrado o século XIX.

Trátase dunha cartografía de 1812, obra de Luis López Ballesteros, denominada Mapa geográfico del Reyno de Galicia que manifiesta particularmente la antigua provincia de Santiago dividida en 13 partidos de primera instancia y 2 incompletos: dispuesto por la Comisión particular de la Provincia de Santiago con arreglo a lo dispuesto por la ley de 9 de Octubre de 1812.

Segundo a entidade, “este mapa preséntanos unha realidade territorial cos seus lindes moito máis vencellados aos accidentes xeográficos que os actuais. No mesmo, como dicimos, sinálase con toda claridade o Partido do Pindo, con capital en La Sierra (Serra de Outes), probabelmente pola proximidade da capital relixiosa do arciprestado de Entíns. Isto significa que hai só 200 anos o macizo do Monte Pindo era o referente simbólico que daba nome á comarca e ao partido, do mesmo xeito que Santiago e Fisterra llo prestaban ás comarcas veciñas. A comarca aparece ben delimitada polos ríos Xallas ao norte ata as súas fontes en Castriz e polo Tambre ao sur, o Océano Atlántico ao oeste, e por primeira vez, o mapa permite fixar o linde polo leste no río Dubra, o que supón que esta división histórica e natural comprendería as vilas de Santa Comba e Negreira.

Non debeu tardar moito tempo Muros en gañar protagonismo neste taboleiro, pois poucas décadas despois xa comezou a aparecer esa denomincación do Partido. Porén probabelmente estemos ante a proba máis irrefutábel de que a comarca natural á que pertencemos ocupa case 850 quilómetros cadrados do territorio sito entre o Xallas ata o Tambre e polo interior ata Castriz e Negreira, división que se mantivo practicamente intacta durante dous mil anos, desde antes da chegada dos romanos ata hai só douscentos anos, chamarase territorio dos Célticos Supertamáricos, Condado de Carnota ou Partido do Pindo.

Mapa del Reyno de Galicia 1812

Máis novas do Monte Pindo

Fonte

Comentarios