Martes. 07.05.2024
El tiempo

Esperanzas electoriais para un Parque Natural no Monte Pindo

Esperanzas electoriais para un Parque Natural no Monte Pindo
O Monte Pindo desde Fisterra-Foto-MPPN O Monte Pindo desde Fisterra-Foto-MPPN

Xa van 5 anos de loita, oficial, polo primeiro Parque Natural da Costa da Morte. A Asociación Monte Pindo Parque Natural leva 5 anos pelexando pola consecución desta catalogación, que permitiría “a necesaria protección e desenvolvemento dun dos espazos naturais máis coñecidos e senlleiros do noso país, dun xeito que redunde na mellora socioeconómica das condicións de vida de toda a veciñanza do Olimpo Celta e do sur da Costa da Morte”. 5 anos previos ao que consideran “a recta final”, unha vez que a nova Comisión Rectora entende que a remate deste 2016, “un posible cambio da correlación de forzas na Xunta, poderá prosperar a ansiada declaración do Parque Natural”.

Así o aseguraron esta pasada fin de semana na Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación Monte Pindo Parque Natural desenvolta o pasado sábado no Concello de Carnota, que serviu para, promover unha renovación (ao 60%) da máximo órgano de decisión, a Comisión Rectora. Ao mando, continúan Xilberto Caamaño, Mario Maceiras e Merche Diaz, ocupando a presidencia, secretaría e tesoureiría da Asociación.

Comision Rectora da Asociación Monte Pindo Parque Natural Comision Rectora da Asociación Monte Pindo Parque Natural

”Un prazo dun ano”

A conclusión máis interesante que saca a nova Rectora despois do debate é precisamente que a loita “afronta a súa recta final, ao agardarse que no prazo dun ano, cun posible cambio da correlación de forzas na Xunta, poida prosperar a ansiada declaración do Parque Natural. Sinalan que “as demais forzas do arco parlamentario, PSOE, BNG e as forzas que compoñen a coalición AGE, xa se teñen adherido publicamente á iniciativa, ao igual que a maioría das forzas que no 2012 non acadaron representación parlamentaria”.

Repaso aos 5 anos de loita

Repasaron a traxectoria que sitúa á asociación “como unha das entidades medioambientais e veciñais máis activas e referenciais non só a nivel local e comarcal senón mesmo a nivel nacional”. Sinalan que dende 2013 a afiliación medrou nun 20% e os apoios de organizacións ata nun 80%. Ademais, valoran que na enquisa que encargaban, case 3 de 4 galegos está a favor da da declaración do Monte Pindo coma Parque Natural, por só un 2,2% que di estar en contra.

A asociación, ademais de cambiar os estatutos para abrirse a un eido galego, non só comarcal, cambia de local, a un novo cedido desinteresadamente polo Concello de Carnota e radicado na Praza da Solaina do lugar do Pindo. O local, que xa levamos meses acondicionando para converterse na nosa sede, ocupa a vivenda da docente da antiga escola unitaria, motivo polo que o denominan “Casa da Mestra”.

Máis novas do Monte Pindo

Fonte

Comentarios