Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Zas celebra a semana Santa nos Centros Socioculturais e nas Torres do Allo

obradoiros-semana-santa-Zas-2024 copia
Zas celebra a semana Santa nos Centros Socioculturais e nas Torres do Allo

O Concello de Zas, seguindo o seu compromiso de contribuír á conciliación laboral e familiar da nosa veciñanza, organiza os obradorios de Semana Santa que se desenvolverán os días 25, 26 e 27 de marzo no Centros Socioculturais municipais.

Estes talleres, nos que realizarán xogos, manualidades e outras acFvidades, son de balde e están dirixidos a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Haberá dúas quendas; unha de mañá (de 10:00 a 13:00 horas) que se realizará no Centro Sociocultural de Zas, e outra de tarde (de 16:00 a 19:00 horas) que será no Centro Sociocultural de Baio.
Para participar é necesario anotarse previamente no 981 751 398 ou no 981 718 056.

Horario especial Semana Santa nas Torres do Allo.

Achégase a Semana Santa e o pazo ampliará os seus horarios abrindo de maneira continuada entre os días 23 e 31 de marzo en horario de 11 a 20h. Todas aquelas persoas que desexen afondar un pouco máis na apaixonante historia das Torres terán a posibilidade de participar nunha das visitas guiadas diarias que se farán ás 13 e ás 17h e os máis cativos contan coa opción do Xogo de Pistas “A aventura do Allo”. Ademáis estarán dispoñibles dúas exposicións, “As Torres tal como eran” e “Terra de pazos”.

“As Torres tal como eran. Últimas pegadas dunha vida fidalga” é un percorrido a través de 12 fotografías en grande formato (100 x 85 cm) colocadas nos mesmos espazos onde foron realizadas para que os/as visitantes poidan apreciar como eran antigamente esas
dependencias e os cambios experimentados a través do tempo.
“Terra de pazos” é unha exposición da arquitectura fidalga do xeodestino Costa da Morte. Un territorio extraordinariamente rico en pazos, casas grandes e construcións brasonadas, con máis dun cento de exemplos repartidos por toda a xeografía.

Comentarios