Venres. 03.05.2024
El tiempo

Preferente: Tomando a Barraña

Javi Souto marcando en Boiro para o Sofan
Javi Souto celebrando un tanto en Boiro para o Sofán
Preferente: Tomando a Barraña

Un campo histórico como o da Barraña sucumbiu ante o desembarco carballés. O Sofán, coa cabeza ben metida na Copa da Costa, segue demostrando que o seu teito non está nesta Preferente, e que o ano que vén pode aspirar a máis. Así o demostrou onte, vencendo a todo un Boiro, instalado na 2ª praza, e que de ter gañado se colocaba a só 1 punto do liderato e do ascenso directo, para dar conta da importancia que tiña o partido para o cadro local, mentres os visitantes xa non se xogan nada.

Boiro - Sofán (2-3)

  • Gardu, Iván, Noé, ERaúl, Fita, Fabián, Currás, Marcos Montero, Martín, Braian e Javi Souto.Tamén: Brais, Dani Pena, Xandre, Luca, Brais Cancela e Bandera.

  • Goles: 0-1, m.21: Javi Souto: 0-2, m.34 Marcos Montero; 0-3, m.39: Javi Souto; 1-3, m.43: p.p; 2-3, m.65: Mario Prol.

Sorprendían os vermellos ao comezo do partido cunha presión moi forte, cunha media hora inmellorable na que Javi Souto arriba e Gardu atrás se convertías nas figuras do partido.

O gol en propia antes do descanso metía ao Boiro no partido, e a segunda metade foi dura, cun Boiro envocardo o balón sobre a área dun Sofán, que defendía ben replegado aguantando as embestidas. Minutos agónicos ao final, pero a SD demostrou que segue competindo contra todos nesta categoría.

MÁIS NOVAS

CRÓNICAS DA PREFERENTE

MÁIS NOVAS

MÁIS INFO

Comentarios