Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Abril, mes da Danza na Costa da Morte

Presentacion Programa Primavera en Danza Carballo 2024
Imaxe da presentación do programa
Abril, mes da Danza na Costa da Morte

Está de moda a danza na Costa da Morte neste mes de abril. Temos visto a Noelia Tajes, de raíces camariñás, desenvolver a súa arte en Suiza diante de ducias de emigrantes costeiros; en Zas arrincaron os obradoiros do proxecto Escora; e mentres, Carballo prepárase para un novo programa, e xa van 22 anos, do Primavera enDanza.

Un programa de danza que coloca a Carballo como epicentro desta arte en Galicia, pois é máis lonxevo da comunidade autónoma. 5 compañías pasarán polo auditorio do Pazo da Cultura entre o 12 e o 30 de abril: Paula Quintas, bailarina e creadora, e Jaime Pablo Díaz, director da Nova Galega de Danza.

Programa Primavera en Danza Carballo 2024

A fartura creativa que caracteriza a nosa comunidade autónoma volve a quedar de manifesto a través desas tres propostas da danza galega, representada por Marcia Vázquez, Paula Quintas e Nova Galega de Danza. Folclore, tradición, videocreación, novas tecnoloxías e teatro conflúen co movemento e a danza para ofrecernos este interesantísimo programa, no que tamén teñen cabida os peques da casa:

  • Venres 12 de abril | 21.00 h | Marcia Vázquez (Galicia) Vaivén.
  • Sábado 13 de abril | 20.30 h | Paula Quintas (Galicia) Multiperspectivas#2.
  • Sábado 20 de abril | 20.30 h | Nova Galega de Danza (Galicia) Berro.
  • Domingo 21 de abril | 18.00 h | La coja dansa (Valencia) El cuento de Persépolis.
  • Venres 26 de abril | 21.00 h | Miguel Barrero y la pequeña Victoria Cen (Valencia e Castela e León) Disculpa si te presento como que no te conozco.
  • Martes 30 de abril | 21.00 h | Led Silhouette (Navarra) Los perros

Entradas á venda en billeteira.carballo.gal

Máis novas de Danza

Comentarios