Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Escora repite residencia artística en Camelle

O Colectivo Vacaburra na Casa do Alto de Camelle
O Colectivo Vacaburra na Casa do Alto de Camelle
Escora repite residencia artística en Camelle

O Proxecto ESCORA, que achega á danza contemporánea á realidade do noso rural,  segue desenvolvéndose na comarca. Vimos os primeiros ensaios da combinación de danza e baile tradicional celebradas en Zas. Paralelamente o proxecto ten parada en Camelle, onde por segundo ano vaise realizar unha residencia artística. Concretamente na vila de Camelle, nunha residencia que sucede en colaboración con A Casa no Alto, Mar de Fábula, Museo Man de Camelle e Concello de Camariñas. 

Este ano, a veciñanza de Camelle acollerá a Colectivo Vacaburra entre o 28 de marzo e o 3 de abril e dende o 13 ata o 18 de maio. Andrea Quintana e Gena Baamonde, estarán traballano no proceso de ‘Ruar’ xunto a Davide González ao cargo da música. A compañía estreará o seu traballo o sábado 18 de maio de 2024 na vila de Camelle.

Comentarios