Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Zas

Novo premio para o IES de Baio por un vídeo sobre igualdade e IA

Tremendo o traballo do alumnado do IES Maximino Romero de Lema en materia de igualdade. Desta volta, e de novo utilizando a Intelixencia Artificial, como xa fixeron noutros traballos como o documental sobre o síndrome de Rett, presentáronse aos Premios International Youth Film Festival, que se celebraron esta fin de semana en Plasencia.

E a curta "Descubre la igualdad a través de la IA", elaborada por Alicia Martínez e Enrique Mallón, alumnos de 4º ESO, e, coordinada por Fina Paulos e Óscar Rey, profesores de Informática, recibiu o premio "a la promoción de la Igualdad y a la no
Violencia".

Espectacular o traballo do centro baiés.

IWES de Baio premio Plasencia Oscar Rey
Recollendo o premio en Plasencia

MÁIS NOVAS

Novo premio para o IES de Baio por un vídeo sobre igualdade e IA