Martes. 07.05.2024
El tiempo

Unha alumna de 8 anos do CEIP Bergantiños gaña o concurso do cartel de Nadal de Carballo

Unha alumna de 8 anos do CEIP Bergantiños gaña o concurso do cartel de Nadal de Carballo
concurso-carteis-nadal-carballo-2016 O xurado escolliu aos gañadores entre máis de 1.400 traballos Un total de 1.458 nenos e nenas dos centros educativos CEIP Bergantiños, CEIP Fogar, CEIP Xesús San Luís Romero, CEIP Nétoma-Razo, CEIP Gándara-Sofán, CRA Ponte da Pedra, CEIP A Cristina, EI As Landras, Colexio Artai e CEIP Canosa-Rus participaron este ano nunha nova edición do concurso de Cartel e Programa de Nadal 2016, convocado pola Concellaría de Cultura do concello de Carballo. Onte tivo lugar no Pazo de Cultura a reunión do xurado, constituído por alumnado dos centros de ensino CEIP Fogar e Colexio Artai; un representante da asociación cultural Vagalume de Carballo, Mónica Liñares; unha artista local, Cristina Castro; e en nome do concello de Carballo, o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo e a animadora Cultural, Carmen Castro. Logo das oportunas deliberacións, resulta elixida como 1º premio e Postal gañadora, cun agasallo valorado en 175 euros aproximadamente, a presentada por Delia Antelo Simón, de 8 anos do CEIP Bergantiños. Tal e como se recolle nas bases, ao centro educativo ao que pertence o gañador ou gañadora deste galardón, outorgaráselle un premio por valor de 150 euros en material didáctico e que este ano recae no CEIP Bergantiños. En segundo lugar, resultou elixido como 2º premio valorado en 100 euros o Cartel presentado por Sasha Hernández Rama, de 9 anos do Colexio Artai. Accésits Ademais, concedéronse cinco seguintes accésits, que recibirán un premio por un valor aproximado de 60 euros a Manuel Muñóz Vázquez (de 10 anos do CEIP Fogar); Roi Mira Remuiñán (de 7 anos, do CEIP Canosa-Rus); Yasmín Gomes Fernández, (de 4 anos, do CEIP Xesús San Luís Romero); Yilena Silva Loureda (de 6 anos, do CEIP Bergantiños); e Lucas Rey García (de 7 anos, do CEIP A Cristina). O cartel distribuirase polas rúas e comercios de Carballo e a tarxeta de felicitación será a que felicite as Festas do Nadal desde o concello, así como portada do programa do Nadal Cultural que recolle tódolos actos culturais que se celebran durante as festas Nadal en Carballo. As imaxes faranse públicas en próximos días, durante a presentación do programa do Nadal Cultural 2016. Novas relacionadas

Comentarios