Martes. 07.05.2024
El tiempo

Carballo escolle o cartel e a postal de Nadal entre máis de 1400 traballos participantes

Carballo escolle o cartel e a postal de Nadal entre máis de 1400 traballos participantes
Máis de 1400 nenos e nenas participaron no concurso de nadal do concello de Carballo Máis de 1400 nenos e nenas participaron no concurso de nadal do concello de Carballo #Haicanteira. O Pazo da Cultura de Carballo vén de acoller a reunión do xurado que fallou o concurso de Cartel e Postal de Nadal 2015, convocado pola Concellaría de Cultura. O xurado constituíuse por alumnado dos centros de ensino CEIP Bergantiños e CEIP Gándara-Sofán, un representante da asociación cultural Arume de Berdillo, María Fuentes, unha artista local, Laura Tova, e en nome do Concello de Carballo, o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo e a Animadora Cultural, Carmen Castro. Nesta edición participaron os seguintes centros educativos: CEIP Bergantiños, CEIP Fogar, CEIP Xesús San Luís Romero, CEIP Nétoma-Razo, CEIP Gándara-Sofán, CRA Ponte da Pedra, CEIP A Cristina, EI As Landras, Colexio Artai, EEI Gontade, EI As Estreliñas e EI A ledicia, cun total de 1409 nenos e nenas participantes. Logo das oportunas deliberacións, resultou elixida como postal gañadora do 1º Premio cun regalo valorado en 175€ aproximadamente, o debuxo presentado por Elisa Marina Garda Rosende de 5 anos do CEIP Bergantiños. Tal e como se recolle nas bases, ao centro educativo ao que pertence o gañador ou gañadora deste premio, outorgaráselle un premio por valor de 150€ en material didáctico e que este ano recae no Ceip Bergantiños. En segundo lugar, resulta elixido como 2º premio valorado en 100€ o debuxo presentado por Lola Castro Varela de 6 anos do CEIP A Cristina e que servirá como cartel anunciador das festas. Ademais, concédense os seguintes accésits, que recibirán un premio por un valor aproximado de 60€ a Hugo Negreira García de 5 anos do CEIP Bergantiños; Alejandra Pastoriza Carbajales de 10 anos CEIP A Cristina; Andrea Ures Ures de 9 anos do CEIP Bergantiños; Juanma Rodríguez Rey de 10 anos do CEIP A Cristina; Liam Hernández Rama de 6 anos do Colexio Artai. O cartel distribuirase polas rúas e comercios de Carballo e a tarxeta de felicitación será a que felicite as Festas do Nadal desde o concello, así como portada do programa do Nadal Cultural que recolle todos os actos culturais que se celebran durante o Nadal en Carballo.   Novas relacionadas Fonte 

Comentarios