Mércores. 08.05.2024
El tiempo

QPC volverá recoller os relatos e debuxos gañadores do Certame da Fundación Fernando Blanco

QPC volverá recoller os relatos e debuxos gañadores do Certame da Fundación Fernando Blanco
Acto de entrega do Concurso de Relatos da Fundacion Fernando Blanco de Cee Acto de entrega do Concurso de Relatos da Fundacion Fernando Blanco de Cee Outro ano máis, a Fundación Fernando Blanco de Cee facía entrega dos seus premios aos concursos e relatos. Uns traballos que, como viñemos facendo nos últimos anos, recolleremos en QPC. O pasado sábado 30 de xuño tivo lugar o acto de entrega dos devanditos V Concurso de Debuxos e do VI Concurso de Relatos Curtos, que contan, un ano máis, coa colaboración da Estación de Servizo Bazarra de Cee. Os premios foron entregados polos membros do Padroado da Fundación, así como por Julio López, Xerente da Estación de Servizo Bazarra. Entregáronse un total de 12 premios nas distintas categorías dos dous concursos, valorados en 690 €. A temática elixida nesta edición dos concursos foron os xogos popiulares e tradicionais. A relación de premiados, por categorías, quedou así, tralo fallo emitido polo xurado composto por Darío Areas, Coordinador do Museo e Secretario da Fundación, Víctor Castiñeira, Técnico de Cultura do Concello de Cee, e Xosé Ramón Rey, Técnico da Biblioteca Francisco Mayán.

CATEGORÍA “A” IV CONCURSO DE DEBUXOS (1º e 2º de Primaria)

- 3º Premio da Categoría A, consistente en material didáctico valorado en 30 € e máis diploma, para IRENE GONZÁLEZ MARCOTE do CEIP EUGENIO LÓPEZ (CEE). - 2º Premio da Categoría A, consistente en material didáctico valorado en 40 € máis diploma, para MARÍA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ do CPR MANUELA RIAL MOUZO (CEE). - 1º Premio da Categoría A, consistente en material didáctico valorado en 50 € máis diploma, para DANIELA MUÍÑO MÁRQUEZ do CEIP VIRXE DA BARCA (MUXÍA).

CATEGORÍA “B” IV CONCURSO DE DEBUXOS (3º e 4º de Primaria)

- 3º Premio da Categoría B, consistente en material didáctico valorado en 30 € máis diploma, para NEREA OZÓN OTERO do CEIP VÍCTOR SÁENZ DE SAN COSME DE ANTES (MAZARICOS). - 2º Premio da Categoría B, consistente en material didáctico valorado en 40 € máis diploma, para UXÍA IGLESIAS PÉREZ do CPR MANUELA RIAL MOUZO (CEE). - 1º Premio da Categoría B, consistente en material didáctico valorado en 50 € máis diploma, para LUANA FONDO MARTÍNEZ do CEIP LABARTA POSE DE BAIO (ZAS).

CATEGORÍA “A” V CONCURSO DE RELATOS (5º e 6º de Primaria)

- 3º Premio da Categoría A, valorado en 50 € máis diploma, para RUBÉN DE RAMÓN AYALA do CPR MANUELA RIAL MOUZO (CEE). - 2º Premio da Categoría A, valorado en 75 € máis diploma, para YAGO REGUEIRA BUGALLO do CEIP LABARTA POSE (BAIO). - 1º Premio da Categoría A, valorado en 100 € máis diploma, para CLAUDIA LEMA RIAL do CEIP LABARTA POSE DE BAIO (ZAS).

CATEGORÍA “B” V CONCURSO DE RELATOS (1º, 2º, 3º e 4º ESO)

- 3º Premio da Categoría B, valorado en 50 € máis diploma, para CARLOTA ATÁN ARES do CPR MANUELA RIAL MOUZO (CEE). - 2º Premio da Categoría B, valorado en 75 € máis diploma, para PAULA PÉREZ TRILLO do IES FERNANDO BLANCO (CEE). - 1º Premio da Categoría B, valorado en 100 € máis diploma, para NOA LEMA RIAL do IES MAXIMINO ROMERO DE BAIO (ZAS).

Gañadores dos Premios Fernando Blanco 2017

Os Relatos da Fundación: Renacer

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios