Xoves. 16.05.2024
El tiempo

Os hostaleiros de Laxe únense na Ruta dos Pinchos con Castañas

Os hostaleiros de Laxe únense na Ruta dos Pinchos con Castañas
ruta-dos-pinchos-de-laxe

Non fallan as rutas de pinchos pola comarca. Concello que proba, concello que repite. E os hostaleiros, encantados.

Así, por Laxe, xa teñen en marcha a I Ruta Gastronómica de Pinchos Elaborados con Castañas, despois da reunión de hostaleiros e concello nos que ultimaron detalles. A iniciativa xurde co obxectivo de impulsar a imaxe gastronómica de Laxe e apostar polo uso dos productos locais como valor de calidade engadido para a nosa gastronomía.

Os locais interesados en participar na rota son A Despensa, Bar Pérez, O Curuxo, A Diario, Vila de Laxe, Cervecería de Laxe, Bar Plaza, A de Rakel, A Ventana e Bar Rivera. Pizzería Siglo XXI, O Rincón de Lucas e Áncora Taberna tamén apoian a organización desta I Rota Gastronómica, pero estarán pechados nesas datas e non poderán ofrecer pinchos.

A ruta celebrarase o sábado 19 de novembro a mediodía e pola noite, e o domingo 20 de novembro a mediodía. Cada establecemento presentará pinchos que se distribuirán gratuitamente acompañando ás consumicións. Estarán elaborados de xeito totalmente libre pero tendo como base a castaña.

Podemos anticipar tamén que durante esa fin de semana varios grupos do municipio acompañarán con música polas rúas. Ademais o domingo 20 pola tarde, como clausura, terá lugar o Magosto Popular e a VI Mostra de Artesanía no polideportivo municipal organizado polo Concello.

Memoria en familia

Ademais, comeza tamén no concello laxense o Ximnasio da mente. Este martes 8 de novembro no Local Social Valle Inclán ás 10:00 da mañá, arrinca cunha sesión de Musicoterapia. Un total de trinta maiores (entre 60 a 90 anos) anotaronse para participar un dia á semana, e poñer a proba a súa mente con actividades de estimulación cognitiva, educación emocional, musicoterapia,.. será todos os martes ata decembro.

Artigos relacionados

Comentarios