Venres. 03.05.2024
El tiempo
Abraham Trillo
07:58
22/04/24

Da inclusión na linguaxe

Da inclusión na linguaxe

Colaborador en distintos programas literarios de televisión, Santiago de Mora-Figueroa y Williams - IX marqués de Tamarón- , é tamén o escritor do libro “El Gurigay Nacional”. El mesmo explica os motivos que o levaron a escribilo, así que vou a reproducir de forma literal o texto da contraportada, que me canso: “Lo recuerdo muy bien, era un día de bochorno tropical cuando descubrí que no entendía a los nativos. Corría el verano de 1981 y yo acababa de volver a Madrid tras catorce años de ausencia. Los nativos eran todos españoles: altos cargos y políticos que hablaban de ‘posicionarse de cara a tocar el tema en profundidad y en solitario’. Por un momento creí haberme equivocado de reunión y estar en un congreso de pornógrafos pedantes, pero no, en esa sala caldeada se estaba hablando de política exterior y los participantes eran casi todos viejos amigos míos, gentes honorables y sensatas. Me había separado de ellos recién terminado nuestro paso por la universidad, los había dejado hablando en cristiano y ahora me los encontraba parloteando en una jerga incomprensible. Yo seguía entendiendo a la pipera madrileña o al gañán andaluz- y desde luego al campesino peruano o al peón costarricense- pero ya no entendía a mis pares, a la crema de la intelectualidad española. Callé, humildemente tomé notas, y de ese trabajo de campo, entre filológico y antropológico, nació el ‘Guirigay Nacional’ .

Pois si. O marqués, foi colaborador en distintos programas de televisón cando aínda había traballando nela unhas cantas persoas esperanzadas na idea de utilizala a modo de instrumento culturizador de masas, coma se iso fora posible. Refírome a tempada onde se emitían programas como “A Fondo”, de Soler Serrano, ou “Negro sobre blanco”, “El faro de Alejandría”, “Las noches blancas” e “Biblioteca Nacional” - estos últimos, presentados por Dragó. Quen, por certo, curiosamente, morreu dicindo que a tele non lle gustaba nada. É posible que a comezase a repeler xusto cando deixou de aparecer en tertulias e demáis sarados dese estilo- . En espazos coma estes, hoxe tan só posibles en Youtube e outras plataformas similares, máis ou menos coma fai no libro, o autor do mesmo- ou sexa, o señor marqués-, tiña unha sección dende a que flaxelaba, sempre coa fusta da ironía, a todos aqueles que durante a semana cometeran falta contra o idioma. Desempeñaba o papel de defensor da Lingua, para facernos unha idea. Pois ben, nunha ocasión destas, ao tratar o tema da linguaxe inclusiva, que xa daquela tiña a súa polémica, tocoulles recibir aos políticos. E é que iso de estar dicindo seguido “todos e todas” parecíalle unha reiteración innecesaria e cursi- a pesar de correcta, que ninguén o nega-. Ao empregar o xenérico plural “todos” aforramos unha palabra sen deixar de incluir ao xénero feminino no significado do que queremos expresar. A verdade é que o tema resulta, canto menos, cómico- sobre todo ao principio. Logo, xa torna a triste-.

Non hai moito tempo, nalgún mitin das últimas elecións municipais - siglas a parte, porque neste asunto todos os partidos políticos son igual de ignorantes-, tiven a oportunidade de escoitar discursos do estilo: “Boa tarde aos veciños e veciñas de Corcubión. Fálovos dende aquí, rodeado de compañeiras e compañeiros, para dicirvos a todas e a todos que o futuro dos vosos maiores e das vosas maiores, así como o dos vosos fillos e fillas, netos e netas, cidadáns e cidadás todos, e todas, será etc. etc. etc.”. Imaxínome a estas persoas facendo un gran esforzo interior de concentración para non trabucarse e meter a pata. Deben de acabar cunha dor de cabeza tan grande como a de quenes teñen a infortuna de escoitalos, claro que logo poñen unha tortilla para os oíntes e todos os males pasan. Pero, seguindo co tema, non me extraña que, durante estas peroratas que nos soltan, sufran espasmos - é por todos sabido que o expresidente Rajoy, por exemplo, somatiza a tensión que lle produce dicir o que non pensa chiscando o ollo-. Pois ben, se ao autor do libro do que hoxe estamos a tratar xa lle resultaba enrevesado isto, non me quero imaxinar os ataques de risa que lle deberon producir a moda de falar en neutro - o de “elles”, “chiques” e demáis xoias da neolinguaxe. Xa sabedes-.

Moitos son os intelectuais que se suman a este costume – parece que case deporte, xa- de sodomizar ó idioma dándolle cabida na súa produción lieteraria a este interesado uso das palabras. Fraco favor que denota a súa indignidade na hora de venderse ao políticamente correcto, aínda que iso signifique contribuir a degradación do idioma que os fixo persoas. Pero xa sabemos que, tradicionalmente, o intelectual é iso: un vendido. Esto disgusta moito, claro, porque dos políticos xa non esperabamos nada.

- Hombre, todo el mundo tiene derecho a buscarse el pan.
- No cabe duda. Y sobre todo los intelectuales, que lo tienen muy jodido.

A figura do pícaro, neste país, tan só é comparable coa do intelectual, que comerciaría ata ca súa moza por pasar a Historia. O caso é que os membros desta cuadrilla, co ritmo que levan, efectivamente, van conseguir pasar a Historia. Pero vano a facer coma o que son, porque a xente non é parva- ou, polo menos, non toda-.

Por outra banda, tamén son moitas as persoas que non conciben que sexan os mandatarios, e os seus subordinados no mundo da cultura, os que impoñan unha nova forma de falar, recordando que a linguaxe faise falando, ou sexa que é o pobo o que crea a linguaxe e non os intereses partidistas de catro psicópatas analfabetos. - Psicópatas ou sociópatas, que non se sabe a ciencia certa se lles ven de serie ou se lles pasou algo polo camiño; pero pouco importa a diferenciación xa que o resusltado e o mesmo- .

Parece que o deterioro da lingua non ten límites. Cantas palabras utilizará de media un español nos tempos que corren? Imaxino que dependerá da xeración a que pertenza, pero non teño dúbida que cada un de nos falamos unha lingua infinitamente máis pobre da que falaron os nosos pais. Non hai máis que fixarse nas letras das cancións que hoxe se compoñen. Non xa polo que din, se non polo vocabulario que utilizan para dicilo. Que digan o que queiran, pero que o digan ben. Mais a este tema referireime noutra ocasión que, por hoxe, xa está ben de dar cera.

MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO

Comentarios