Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Punto Rojo tivo premios

O Punto Rojo tivo premios
O premiados da campana Punto Rojo de Baio O premiados da campaña Punto Rojo de Baio

Xa temos gañadores da Campaña Punto Rojo de Baio. A Asociación de Empresarios Comarca de Soneira facía entrega o pasado venres dos premios, cun acto que servíu para clausurar a III edición desta campaña comercial.

A Asunción Alvarellos Fondo entregóuselle o 1ºpremio, que consiste nuns Bonos de Compra por valor de 500 euros para canxear en calquera dos establecementos participantes na campaña, para o cal disponen dun mes.. Josefina Martínez Rodríguez, recibiu Bonos por valor de 300 euros, que poderá canxear por produtos de Ramos Alidiis de Baio, facendo entrega do premio o titular da empresa, Antonio Ramos.

E xa o 3º premio correspondiulle a Luís Sendón Castiñeira, que poderá cambiar os seus bonos por valor de 200 euros no Eroski City Baio. Fixo entrega do premio Maria José Lado Barreiro en representación da empresa Joalper.

Así, a Asociación xa empreza a traballar en novos proxectos, pero non sen antes dar as grazas a todos os participantes e colaboradores, e a xente que estes tres días visitou a Baio.

Novas relacionadas

Fonte 

Comentarios