Venres. 17.05.2024
El tiempo

Nove Mares convoca outro espazo xerador de cultura este sábado en Laxe sobre a despensa do mar

Nove Mares despensa_do_mar_2024
Nove Mares despensa_do_mar_2024
Nove Mares convoca outro espazo xerador de cultura este sábado en Laxe sobre a despensa do mar

Continúa a singradura Nove Mares, o proxecto de cultura marítimo-pesqueira na Costa da Morte. Promovido pola Fundación Eduardo Pondal e financiado polo GALP da Costa da Morte, propón unha batería de “Espazos xeradores de cultura” onde reflexionar cos distintos axentes do
territorio sobre cuestións vencelladas á cultura mariñera da contorna. O proxecto non entende a cultura marítima como algo exclusivamente vencellado á actividade pesqueira -de gran impacto na nosa costa-, senon que promove tamén outras liñas de traballo como a literatura, o arte, a artesanía, o deporte, a língua ou a gastronomía.

É por isto que, dende o mes de xaneiro, Nove Mares está a propor encontros ao longo dos concellos do territorio a Costa da Morte: A Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Laxe, Vimianzo, Camariñas ou Muxía están sendo algúns dos “mares” onde a iniciativa xera espazos de reflexión sobre a cultura mariñeira.

Tras varias sesións reflexionando sobre as Romarías, os Deportes ou os Oficios do Mar -con convocatorias ben exitosas en Caión (A Laracha), Razo (Carballo), Canduas (Malpica) ou na propia sede da Fundación no Couto (Ponteceso)- o proxecto Nove Mares segue a navegar pola nosa costa, cunha nova sesión na Confraría de Pescadores de Laxe. Será este sábado 4 de maio en horario de 10h a 14h e contará coa participación dun bo número de poñentes. Acompañaronnos Xosé Regueira -Vicepresidente da Deputación da Coruña-, Jorge Guitián -xornalista, divulgador, crítico gastronómico- e Antonio Otín, -do Forno de Guísamo, Empanadas do Mar- para poñer en común o produto do territorio da Costa da Morte vencellado ao consumo e á gastronomía no territorio.

Ao final haberá un viño con degustación de produto mariñeiro, empanadas, a cargo do Forno de Guísamo.
A organización quere convidar a calquera axente do territorio, así como ao resto da veciñanza a esta actividade, co desexo de recoller o máximo número de sensibilidades e puntos de vista, co fin último de enriquecer ao máximo o proxecto.

Máis novas

Comentarios