Martes. 07.05.2024
El tiempo

O clube Arte e Movemento proclámase campión e subcampión no concurso nacional de bailes caribeños

O clube Arte e Movemento proclámase campión e subcampión no concurso nacional de bailes caribeños
clube-arte-movemento O clube Arte e Movemento acadou importantes éxitos no campionato nacional de Bailes Caribeños celebrado a pasada fin de semana O clube Arte e Movemento pecha a tempada da mellor forma xa que vén de acadar o título de Campión de España de Caribbean Show Dance - co grupo Sirenas del Caribe - e na misma proba o subcampeonato co grupo Flores del Caribe. Fai xusto un mes, os mesmos grupos acadaron o título galego. Bistra Ivanova, Elena Montero, Laura Martínez, Mara Giommarini, Mar Marcote, Laura Marcote, Fatima Martinez, Duna Suarez, e Gisella Fernandez foron as deportistas - menores de 15 anos - que formaron o grupo Sirenas del Caribe. O mesmo número de compoñentes formaron o grupo Flores del Caribe (tamén menores de 15 anos) e que estivo integrado por Lucia Pose, Maria Leman, Noelia González, Ainhoa González, Sheila Santos, Miriam Carreira, Noelia de La Fuente, Alba Senra e Soraya Santos. Ademais, o clube acadou o bronce  no campionato de España de Bailes Caribeños coa parella formada por Antonio Vicente López e Laura Marcote. Nese mismo grupo, Alberto e Noelia acadaron o 4º posto mentras que Raúl e Mara fixéronse co 5º posto. Coincidindo co campionato de España, celebrase a Copa Promoción  na que están convocadas as parellas situadas no ránking nacional no 50 % superior, para competir e lograr o ascenso. A parella formada por Antonio Vicente López e Laura Marcote, lograron un 4º posto que lles serviu para lograr o ascenso.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios