Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Arte e Movemento celebra a súa exhibición en Cee tras 16 anos do seu comezo

Arte e Movemento celebra a súa exhibición en Cee tras 16 anos do seu comezo
Exhibicion Arte e Movemento 2016 O Club Arte e Movemento ofrecerá este domingo 12 de xuño, no pavillón polideportivo de Cee, a partir das 16:30 h, e como tódolos anos, un espectáculo de máis de 3 horas de taekwondo e baile deportivo a todo o aquel que queira asistir, xa que a entrada será gratuita. Dende logo, espérase un cheo absoluto. Unha cita cos máis pequenos, nesta ocasión dende os 4 anos de idade e tamén adultos. Cita con historia
A primeira edición foi no ano 2000 no pavillón de Corcubion, e 16 anos máis tarde Arte e Movemento segue traballando para poder ofrecer cada ano unha exhibición máis espectacular. Participan 250 alumnos de Arte e Movemento, os rapaces que se inician no deporte no clube son os protagonistas da cita. Os deportistas,  pertencen as Escolas deportivas do concello de Carnota, Mazaricos e Santa Comba. Os cursos impartidos na Asociacion Adro de Baio, na ANPA do Colexio de Dumbria, na ANPA Uxio de Cee, e os alumnos da escola Arte e Movemento en Cee.
Ademais da colaboración do Concello de Cee nesta edición as seguintes empresas locais: Foto Fuentes, Fuco Corbelle, Suministros Lar, Grupo Insua, Ecovida, Herbonature, e Marcoteauto, colaboran co club Arte e Movemento para a Compra das medallas.
Fonte
Redacción de QPC ([email protected])

Comentarios