FSF: O Amarelle Santa Comba dá un paso chave cara o título
06:53 04/12/18
O Amarelle Santa Comba 18-19 moi preto do título xa a estas alturas
O Fisober veu cortada a súa xeira de dous triunfos nesta particular Tourmalet no que entra, ca visita do segundo clasificado e tendo que visitar para a semana ao líder. En todo caso, a familia dumbriesa celebrou unha gran nova, a volta de Barca Toba vestindo a camisola branca, algo que non facía dende outubro do 2013 en partido oficial na visita as terras vascas de Ordizia. Unha fichaxe que “lle vai dar un plus a todo o equipo, tanto no futbolístico como de competitividade”, asegura o adestrador Fran Toba.
En 1ª, un pouco de todo. As xalleiras do Amarelle Concello de Santa Comba pechan a primeira volta como líderes en solitario, e cunha vantaxe de cinco puntos sobre o segundo clasificado, logo de impoñerse sobre o Academia Rede Blue 5 Coruña FSF, que ocupaba a segunda posición e o único que podía impedir que as xalleiras quedasen líderes da primeira volta.
Pola súa banda o Fisober B conseguía un empate mentres que o Atletes recibía unha dura goleada despois de facer unha gran primeira metade.
Ademais, primeira vitoria do Viaxes Amarelle de Patri e Inés na máxima categoría do FSF estatal. Unha vitoria que tardou en chegar pero se cadra aínda hai tempo, pois ademais foi contra un rival directo por evitar o descenso.
Preferente Galicia, xornada 11
- Resultado: FISOBER – LEIS PONTEVEDRA SAN NARCISO (1-3)
- FISOBER: Lía, Paula Fandiño, María Dumbría, Nuriña, Kenny; tamén xogaron: Mai, Carre, Barca, Adriana.
- Goles: 0-1, min 2 Patri, 0-2 min 11 Lara, (descanso), 1-2 min 23 Paula Fandiño, 1-3 min 38 Lara.
1ª Galicia Feminina, xornada 9
- Resultado: Troula Betanzos, F.S. - A.D. Athletés (8-1)
- A.D. Atletes FSF: Julia (P); Mari; Cris; Laura; Antía (1); Ana; Sara D; Ainoa.
1ª Galicia Feminina, xornada 9
- Resultado: 5 Coruña FSF - Amarelle Concello Santa Comba (1-4)
- Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Alba, Ge, Carla, Nuria (cinco inicial), Sandra, Tania, Violeta, Elsa.
- Goles: 0-1 Tania (min. 20); 0-2 Nuria (min. 38); 0-3 Alba (min. 40); 1-3 Silvia (min. 46); 1-4 Nuria (min. 48).
1ª Galicia Feminina, xornada 9
- Resultado: FISOBER B – TCA INSTALACIONES PONTEDEUME (4-4).
- FISOBER B: Naira, Kenny, Andrea, Serena, Myre ; tamén xogaron : María Maroñas, Paula Fandiño, Nuriña.
- Goles: 0-1 min 4 Laura, 1-1 min 12 Paula Fandiño 1-2 min 12 Laura, 1-3 min 19 Laura, 1-4 min 21 María Vázquez, (descanso), 2-4 min 29 Kenny, 3-4 min 36 Andrea, 4-4 min 40 Serena.
1ª División Foro 16 Feminismo. xornada. 9
- Resultado: CFS Femisport Palau Nou Escorial - Viaxes Amarelle FSF (1-3)
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, Martita, María Gómez, Irune (cinco inicial), Reneé, Iraia, Zaira, Marta Hermo, Inés.
- Goles: 1-0 Anna (min. 16); 1-1 Inés (min. 30); 1-2 Irune (min. 33); 1-3 María Gómez (min. 34).