Xoves. 28.03.2024
El tiempo

FSF: O filial do Fisober reacciona e endosa a primeira derrota ao Amarelle Santa Comba no derbi costeiro

FSF: O filial do Fisober reacciona e endosa a primeira derrota ao Amarelle Santa Comba no derbi costeiro
Fisober B-Amarelle Santa Comba 2 O Fisober B venceu a todo un Amarelle Santa Comba no derbi costeiro FSF: O filial do Fisober reacciona e endosa a primeira derrota ao Amarelle Santa Comba no derbi costeiro Gañaba a semana o seu primeiro partido e parece que colle o ritmo. Así o ratificaba o Fisober B no derbi costeiro, ante un Amarelle Santa Comba líder da 1ª Galicia, e que non coñecía o sabor da derrota. Tamén vencía o Fisober na Preferente, collendo un impulso importante para afianzarse na zona media da táboa.  

Preferente Galicia, xornada 9

  • Resultado: FISOBER F.S.F.- COUTO OURENSE F.S. (1-0)
  • FISOBER: Lía, Ana, Paula Fandiño, Mai, Nuriña; tamén xogaron: Carre, María Dumbría, Laura, Adriana, Kenny.
  • Goles: 1-0, m.27: Paula Fandiño.
Lia na meta do Fisober Lía na meta do Fisober O Fisober voltou a senda do triunfo fronte a un Couto Ourense que é o rei do empate da categoría con ata cinco igualadas. Nun partido moi igualado a falla de acerto cara ambas porterías fixo que o resultado fora tan exiguo. Nos primeiros minutos Ana atopouse co pau que impediu o seu gol. Nesta primeira metade o Fisober tivo o dominio do balón durante esta etapa do partido pero o acerto da porteira visitante e a falla de puntería fixo que non se movera o electrónico. Pola súa banda o Couto Ourense tamén tivo as súas ocasións pero as boas actuacións de Lía fixo que non se movera o marcador. A volta de vestiarios o partido continuou co mesmo guión da primeira metade. O equipo local dominaba pero sen chegar a adiantarse. Aínda así a máis clara foi para as visitantes que erraron unha clara ocasión a porta valeira. Puido adiantarse no electrónico o Fisober cando Paula Fandiño marcaba de falta pero fora do tempo asignado para o saque co que foi anulado. Aos sete minutos da segunda metade Paula Fandiño finalizaba unha xogada de pizarra para poñer en vantaxe as súas cun gol que a postre foi definitivo. A porteira visitante freaba unha boa ocasión da capitana local Ana. Nos últimos minutos as visitantes intentárono co xogo de cinco pero non crearon moito perigo. Quedando os puntos en Dumbría. Paula Fandiño adicando un gol

1ª Galicia Feminina, xornada 7

  • Resultado: Fisober FSF B - Amarelle Concello de Santa (2-1)
  • Fisober FSF B: Naira, Nuriña, Laura, Kenny, Paula Fandiño; Tamén xogaron: Andrea, Myre, María Maroñas, Carre, Serena.
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Sandra, Violeta, Carla, Elsa (cinco inicial), Alba, Tania, Andrea.
  • Goles: 0-1 Sandra (min. 21); 1-1 Paula Fandiño (min. 29); 2-1 Nuriña (min. 33).
Imaxe do Fisober B-Amarelle Santa Comba Imaxe do Fisober B-Amarelle Santa Comba Igualadísimo derbi o vivido no Conco entre un Fisober B que comezaba a gañar a semana pasada e que parece que colle a directa. A volta de Myre ás pistas case un ano despois foi a mellor noticia para o filial, unha Myre que foi fundamental nos dous goles e que axudou ao seu equipo a ser o primeiro en gañar ao líder da categoría, un cadro xalleiro que aínda así mantén o liderato. O partido foi moi igualado ao tratarse dun derbi, no reencontro de Elsa, Andrea e Alba, tres ex que voltaban enfrontarse a un equipo do Fisober, quen finalmente non participou foi outra ex coma Nuria, unha baixa moi importante para as xalleiras ao igual que Uxía. Na primeira parte, o partido estaba moi igualado no que as locais saían moi concentradas, con moita posesión e tocando moito o balón, e as visitantes con presión alta e con tiros lonxanos. Unha primeira metade sen moitas ocasións claras. A mellor quizais foi un man a man da local Kenny que se foi alto por pouco. O gol visitante foi obra de Carla despois dun lanzamento de falta nos últimos minutos desta primeira metade . Con ese resultado de cero a un chegouse ao tempo de lecer. Na reanudación, as locais conseguían poñer as táboas ao pouco tempo de retomarse o xogo cun tanto transformado por Paula Fandiño. Tralo gol o filial foi crecendo e crendo pouco a pouco e subindo liñas, e apenas uns minutos máis tarde daban a volta ao partido, subindo o 2-1 ao marcador, cun gol de Nuriña a pase de Myre. Aínda quedaban máis de quince minutos por diante, e o cadro xalleiro intentaría volver recuperar a igualada, intentándoo mesmo con xogo de 5, pero o gol non chegou e o marcador permaneceu inalterable ata a conclusión do partido; xerando a primeira derrota da tempada do Amarelle Concello de Santa Comba. Fisober B-Amarelle Santa Comba 3 Fisober B-Amarelle Santa Comba

1ª Galicia Feminina, xornada 7

  • Resultado: Academia Red Blue 5 Coruña - A.D. Athletés (5-0).
  • A.D. Atletes FSF: Julia (P); Mari; Cris; Saray; Martina; Laura; Antía; Ana; Sara D; Ainoa.
Saían as esteiránas decididas a presionar arriba, impedindo que as herculinas cheguen á área visitante. Pero pouco a pouco foron chegando a meta de Julia e xa inauguraban o marcador no m.7. As forasteiras non se amilanaban, e seguen presionando arriba e roubar rápido. Pero nun despiste de marcaxe as herculinas fan o 2-0. O resto da primeira metade foi de monólogo esteirán, pero sen acerto. Na segunda metade sigue o mesmo ritmo do partido. O Atletes consegue que o xogo se desenvolva no medio da pista, e as Coruñesas chegan a porta das esteiranas con dificultade e sen perigo. Pero, o cansancio vaise apoderando das forasteiras, e estas, con menos calidade e inferior banquillo, vense superadas nos últimos minutos. Curioso e incómodo xesto das herculinas nos minutos finais, colocando con xogo de 5, pero as costeiras  dalles unha verdadeira lección de como se contrarrresta esa situación, que as Coruñesas, despois de varios erros que as deixan en evidencia, abandonan para seguir ca mesma película ata o final do partido. Polas esteiranas destacaron Martina, e Mari con un derroche físico envidiable durante todo o partido.  

Toda a info do Fútbol FSF costeiro

“FSF: O filial do Fisober e o Atletes asinaron un empate no derbi costeiro de 1ª” — Que pasa na costa “FSF: O Atletes non puido co potente Amarelle Santa Comba” — Que pasa na costa https://quepasanacosta.gal/fsf-o-filial-do-fisober-xa-sabe-ganar/

Comentarios