Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Lucía Pazos, prata na “X Supercopa de España Junior de Xixón 2023”

Lucia Pazos subcampiona Espana en Gijon
Lucía Pazos, á esquerda, no podio de Xixón
Lucía Pazos, prata na “X Supercopa de España Junior de Xixón 2023”

Non para a nosa deportista natural de Merexo de triunfar a nivel estata. Esta fin de semana voltaba cunha prata colgada do pescozo da a X Supercopa de España Junior, celebrada no Pazo dos deporte “La Guía” de Xixón, situado a carón do mítico Molinón.

A esta Supercopa acodiron máis de catrocentos deportistas das federacións de Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias, Cataluña, Castela-León, Castela- A Mancha, Cantabria, Estremadura, Galicia, Madrid ,Murcia, Navarra,  A Rioxa, Valencia, Pais Vasco e Portugal.

No peso onde competía Lucía participaron 32 deportistas das distintas delegacións. Tocoulle estrearse con unha representante da delegación portuguesa, Beatriz Filipo, a que venceu por ippom nun combate que durou 13 segundos. No segundo combate a contrincante a bater foi a representante cántabra Bereket Suárez Sánchez á que tamén derrotou por ippom en 48 segundos. 
Pasa a semifinais, onde lle tocou baterse con outra representante galega, Kautar Samorah Laki, á que venceu por ippom despois de 1 minuto e 48 segundos de combate. 

Xa na final tería que enfrontarse á deportista madrileña Adriana Sáez Hevia que viña de acadar un terceiro posto no campionato do mundo de Zagreb. A pesar do gran nivel da contrincante, a merexana non se achicou en ningún momento pelexando bravamente durante os catro minutos que durou o combate. Rematados os 4 minutos regulamentarios de duración  do combate sen gañadora tivo que decidirse no “golden score” onde desta vez a madrileña logrou puntuar primeiro proclamándose campioa.

NOVAS DA FAMILIA DO JUDO

Comentarios