Venres. 03.05.2024
El tiempo

O CDM Piragüismo Dumbria logra o terceiro posto na Copa Galega de Promocion de Slalom celebrada en Portugal

Familia do CDM Piraguismo Dumbria en Covas
Familia do CDM Piraguismo Dumbria en Covas
O CDM Piragüismo Dumbria logra o terceiro posto na Copa Galega de Promocion de Slalom celebrada en Portugal

5 medallas colleitaron as deportistas do CDM Piragüismo Dumbría na segunda proba da Copa Galega de Promoción de Slalom na vila portuguesa de Covas, en augas do río Coura

Organizada polo clube CDM Teixugos de Goián, a proba celebrouse nun percorrido moi esixente para os competidores pola súa dificultade, pero foi moi do agrado dos participantes.

En canto a actuación costeira, destacan as medallas de ouro de Clara Mancebo en K1 alevín femenino, Carmen Llaria no C1 alevín femenio e Vega Cives no K1 benxamín femenino. Clara Mancebo repetiu podium sendo plata no C1, e Carmen tamén fixo bronce no K1. Iera Lema, Clara López, Iván Llaria e Marcos Martínez non foron quen de subir ó podium a pensar de facer boas mangas.

Vindeira cita

A vindeira proba do CDM Piragüismo Dumbría é a Copa Galega de Promesas de slalom que se celebrará o 5 de maio en Dumbría, no campo de Slalom de O Couquiño, e que valerá os clubes galegos de preparación para a Copa de España de Promesas de Slalom que acollerá o río Xallas o fin de semán do 17, 18 e 19 de maio.
Campaña de verán do CDM Piragúismo Dumbría.
Por outra banda, nos vindeiros días, o CDM Piragüismo Dumbría presentará a súa campaña de captacion de novas incorporacións o clube baixo o lema “Necesitamos Xente Valente”. Para máis información contactar con Concello de Dumbría, no Teléfono 629126623 ou en calquera das redes sociais do clube @piraguismod.

Máis novas

Comentarios