Domingo. 12.05.2024
El tiempo

FS: O traveseiro evitou alegrías para Fisober e Villa de Cee

paula (1)
paula (1)
FS: O traveseiro evitou alegrías para Fisober e Villa de Cee

FISOBER F.S.F. 2 – 2 RIBEIRO DO AVIA F.C.

Fisober: Sharay; Adriana, Paula Fandiño, Carre, Ana. Tamén xogaron: Lucía Martínez, Saray,

Goles:1-0, 18’: Carre / 2-0, 21’: Paula Fandiño / 2-1, 34’ Aldara / 2-2, 39’: Nair.

Unha verdadeira mágoa de encontro para un Fisober ao que se lle escaparon dous puntos ao final e que se poderían ter enganchado coa parte alta da táboa. Pero é que en fronte tiñan un rival duro de roer, que chegaba segundo clasificado, e que o puxo complicado dende o inicio, probando a Sharay en varias ocasións. Pero as costeiras iniciaron incluso mellor nesa loita de ti a ti e dispuxeron de máis oportunidades que as visitantes, sobre todo nas botas de María de Dumbría, Saray e Paula Fandiño. Ata que, xusto antes do descanso, un roubo de Ana provocaba o primeiro gol da mañá, de Carre.

Un dos goles do Fisober.

O comezo da segunda parte non puido ser mellor e, tras un saque de esquina, Paula Fandiño facía o segundo e ampliaba distancias. A partir de aí, o Ribeiro de Avia arriscou xogando con cinco e conseguiu o seu propósito xa que converteron a Sharay na protagonista do encontro. Pola súa banda o Fisober agarrábase a ter algunha contra, pero a seis minutos do final as visitantes marcaban o primeiro. E xusto no final, a máxima goleadora da categoría Nair empataba un partido no que as costeiras tiveron a última palabra cun lanzamento de Paula Fandiño ao traveseiro.

VILLA DE CEE 3 – 4 KORREO GUITIRIZ

Villa de Cee: Bruno; Ángel, Juan “O Bello”, Aitor e Kevin. Tamén xogaron: Iago Castro, Javi Marroco, Mario, Juanjo e Martelo.

Goles: 0-1, 3’: Asier / 1-1, 10’: Kevin / 1-2, 13’: Asier / 1-3, 16’: Diego / 2-3, 38’: Juanjo / 3-3, 38’: Juan “O Bello” / 3-4, 39’: Adrián.

undefined

O sábado viviuse no pavillón municipal de Cee un partido deses que fomentan o amor polo fútbol sala, cun centenar de persoas entregadas ao marabilloso espectáculo que ofreceron Villa de Cee e Guitiriz. A intensidade e a calidade estiveron presentes ao seu 100% dende o minuto un, non así o acerto, que se foi para o lado visitante. Así, o Korreo chegou por diante ao descanso tras unha primeira parte moi igualada.

Na segunda os locais non tiveron outra que irse arriba e, aí si, se viu a un claro dominador que buscaba o empate, que non chegaría ata que, faltando dous minutos, Aitor e o Bello lograsen dous goles de seguido. Pero coa emoción e adrenalina a tope xa buscando a remontada, tanto xogadores como afeccionados, un erro de Juanjo propiciou o definitivo 3-4 a falta de dez segundos. Iso si, aínda loitaron por unha última ocasión os ceenses, que estivo nas botas de Aitor e que acabaría repudiada polo traveseiro.

Comentarios