Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O muradán Samuel L. París avisa no seu novo poemario: "Todo está roto"

Samuel L Paris presenta o terceiro poemario o unico e verdadeiro deus
O muradán Samuel L. París avisa no seu novo poemario: "Todo está roto"

Xa está nas librerías o novo poemario de Samuel L. París (Muros, 1984). ”O único e verdadeiro deus das cousas que están feitas un cristo”, que forma parte da coleccion Diversos de Edición Positivas, é o novo poemario do poeta muradán, e chega cunha ampla colección de poemas con diferentes estilos, con textos, irreverentes, tenros, escuros e incisivos.

A obra está composta por trece partes nas que a trindade divina composta polo Poeta, o Poema e Ti establece un xogo lírico, por momentos, derrotista e, por outros, tremendamente luminoso. A contracapa avisa: "Todo está roto”.

Será presentada o vindeiro 24 de abril ás 20.00h cunha pequena festa na propia sede de Edicións Positivas, en Compostela. Máis adiante, tamén se realizarán recitais de presentación na Coruña, o 3 de maio na Revolteira; Vigo, o 4 de maio na Libraría Cartabón; e mais vilas galegas. Ademais, o poeta participa na Poesía Salvaxe de Ferrol, o veterano festival poético, intervindo os días 25 e 26 de abril.

Novo poemario de París

Samuel L Paris guapo poeta

París combina a poesía coa música dende hai moitos anos. Foi membro fundador de Terbulatina, e chegou a publicar sete traballos discográficos coa banda e actuando en centos de concertos, ata que a banda se profesionalizaba, e París daba o paso a un lado, para centrarse na súa carreira profesional e nos seus poemas. Tamén foi baixista do grupo pontevedrés Thee Blind Crows, cos que publicou tres discos.

A súa obra poética xa é prolífica. Tras lanzar o "Manual da destrución" no Netlabel A Regueifa en 2008, en publica 2012 "Inflamable" en Edicións Positivas. Durante todo o 2013 escribe e publica un poemario completo á semana no seu blog pararaparís (aínda vivo), un total de 52 obras, algunhas na compañía doutros poetas como Xabier Xil Xardón, Estíbaliz Espinosa u Daniel Landesa.

En 2015 publica, baixo demanda, 25 poemarios con textos inéditos e exclusivos escritos integramente a man que, ademais, entrega persoalmente.
En 2020 publica "Internacional de Poesía Anarquista", publicada en Edicións Positivas e na que simulaba unha antoloxía de diferentes autoras e autores de todo o mundo.

En 2018 lanzou De Galician Poetra, En 2023 lanza unha serie de novos poemas enviándoos en postais. Este novo poemario, "O único e verdadeiro deus das cousas que están feitas un cristo", ve a luz tamén con Edicións Positivas.

Máis novas

Comentarios