Sábado. 27.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober mantén o pulso co Vilalba dende o alto

Fisober Viaxes Amarelle
Imaxe do partido de ida entre Fisober e Viaxes Amarelle
FSF: O Fisober mantén o pulso co Vilalba dende o alto

Perdía hai dúas semanas en Vilalba, derrota que apretaba o alto da táboa. Pero o Fisober recuperou a senda da vitoria con dous partidos seguidos, o que mantén ás de Fran Toba no alto da Liga Autonómica – Preferente Galicia, con 3 puntos sobre o equipo lucense a falta de 6 xornadas.

Este domingo, venceu no P. San Francisco Javier de A Coruña ao filial viaxeiro nun partido moi complicado.

LIGA AUTONÓMICA – PREFERENTE GALICIA, X.24

  • Resultado: VIAXES AMARELLE B – FISOBER FSF (4-5)

Viaxes Amarelle FSF B

  • AMARELLE B: Tamara, Andrea, Laura Rivas, Sara Domínguez e Daryna; tamén xogaron: Sofía, Tarasova, Olena.

fisober Plantel 23-24

  • FISOBER: Sharay, Patri, Adriana, Paula Fandiño, Nai; tamén xogaron: Ana, Nuriña, Saray, Andrea.
  • Goles: 0-1 min Adriana, 1-1 min Daryna, 1-2 min 11 Adriana, 2-2 min 11 Andrea, 2-3 min 12 Nuriña, 2-4 min 13 Patri, /descanso), 2-5 min 30 Adriana, 3-5 min 31 Andrea, 4-5 min 38 Andrea.

O partido iniciou como finalizou con emoción e ritmo, no primeiro minuto un gol de Adriana poñía en vantaxe as costeiras. Non tardou en repostar Daryna xa que nese mesmo primeir minuto poñía a igualada no electrónico. Un minuto e un gol para cada equipo. Foron pasando os minutos e aínda que había ocasións para cada equipo, as porteiras facían que o resultado non se movese. Ata que mediada a primeira metade no minuto once Adriana voltaba a poñer en vantaxe ó Fisober. Coma no inicio no mesmo minuto igualaba Andrea para poñer o empate, esta vez a dous tantos. Aínda que desta a igualada durou pouco xa que no doce Nuriña facía o dous a tres para as costeiras, e no trece Patri daba máis vantaxe co dous a catro.

A volta dos vestiarios as viaxeiras querían voltar a entrar no partido e as visitantes matalo definitivamente. Minuto a minuto o resultado non se movía. Ata que mediada a segunda metade Adriana facía o dous a cinco e o seu terceiro gol no partido. As locais non se rendían e tan solo un minuto despois marcaban por mediación de Andrea para devolver a emoción. Os minutos pasaban e ambos conxuntos buscaban o éxito particular. A dous para o fin Andrea facía o seu terceiro gol da noite e poñía o catro a cinco no marcador. Con ese gol a emoción e os nervos sobrevoaron a pista, pero o electrónico xa non se moveu ata o fin, e os puntos viaxaron cara terras costeiras para manter o liderato.

A vindeira xornada alá polo seis ou sete de abril o Fisober recibe a visita do Balaídos que ven de golear ó potente Cidade de Pontevedra.

MÁIS CRÓNICAS DO FSF.

CLASIFICACIÓN DA PREFERENTE FEMININA

OUTRAS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios