Venres. 03.05.2024
El tiempo

1ª Galicia: Catro finais para o Baio

San Lorenzo-Baio en Verdillo.Foto-Luis Gonzalez
Imaxe do San Lorenzo-Baio en Verdillo.Foto-Luis Gonzalez
1ª Galicia: Catro finais para o Baio

A xornada 30 da 1ª Galicia tiña o foco costeiro no derbi do sábado celebrado en Verdillo. Un partido igualado, que rematou cun xusto empate, que lle vale ao San Lorenzo para case finiquitar a salvación e ao Baio para alcanzar o Agualada na posición que dá a salvación, pero os de Félix aínda quedan por debaixo, en posto de descenso directo, polo golaveraxe individual.
Quédanlle catro finais ao Baio para asegurar a permanencia, tendo en conta que non parece que vaia haber arrastres dende Preferente. A semana que vén ten un choque clave ante o pechacancelas, que ten que gañar si ou si, e esperar que o Dumbría sume en Agolada.

Polo demais, vitoria do Dumbría, e derrotas dunha Esteirana sen tensión, e dun Fisterra que xa pensa na Copa.

San Lorenzo - Baio (1-1)

11 do SD San Lorenzo en Verdillo-Foto-Luis Gonzalez
11 do SD San Lorenzo en Verdillo-Foto-Luis Gonzalez
  • San Lorenzo: Puyol, Manuel Mato, Lucho, Pablo Garrido, Iago, Alex Costa, Richi, Javi, Diego Varela, Alberto Campos, Juanjo. Tamén: Benja, Quin, Jonathan e Hugo Canedo.
11 do CD Baio en Verdillo-Foto-Luis Gonzalez
11 do CD Baio en Verdillo-Foto-Luis Gonzalez
  • Baio: Javi Souto, Pablo Rod., Norberto, Chechi Yago Couto, Dani López, Damián, Sergio Antelo, Bieito, MC e Diego Santacier. Tamén: Iván Fraga, Bruno, Pazos, Porty, Josiño, Guille Botas e Alex Muíño.
  • Goles: 1-0, m.34: Iago cun golpeo espectacular; 1-1, m.57: Chechi de cabeza.
Ambiente nas bancadas de Verdillo-Foto-LuisGonzalez
Ambiente nas bancadas de Verdillo-Foto-LuisGonzalez

Primeira metade do Baio, dominando e con ocasións para adiantarse, pero foron os visitantes os que marcaban cun golpeo tremendo de Iago. Pouco a pouco foron igualando o partido os de Lapido, pero cando mellor estaban foi Chechi o que marcou o gol do empate para os de Félix. Na última xogada do partido, Juanjo e Iago fallan unha ocasión clarísima para os de Verdillo.

San Lorenzo-Baio en Verdillo.Foto-Luis Gonzalez 2
San Lorenzo-Baio en Verdillo.Foto-Luis Gonzalez 2

Dumbría - Flavia (3-1)

11 do Dumbria no Conco

  • Dumbría: Anxo, Kanario, Pablo Paz, Brais, Mario, Lucas, Baba, Alex Sánchez, Miller, Adrián Periscal e Dani Chao. Tamén: Alex Sendón, Rivi, Raúl, ÁLex Blancoi e Gabri Goyes.
  • Goles: 1-0, m.8: Mario; 1-1, m.36: Damián Otero; 2-1, m.67: Miller; 3-1, m.90: Gabi Goyes.

Capis do Dumbria e o Flavia no Conc

Partido moi completo dos de Pablo Conde, superiores durante gran parte do mesmo ante todo un Flavia, ao que alcanza na 6ª praza. Adiantábanse pronto os locais nunha boa xogada colectiva que culminaba Mario. Antes do descanso os visitantes empataban nunha das poucas contras que conseguiron lanzar.

O partido comezaba do mesmo xeito na segunda, cun Dumbría que era o que máis buscaba a vitoria, e nunha presión de Miller, provoca un erro no meta rival e marca para poñer por diante de novo aos locais. Subiu liñas o Flavia pero os dumbrieses estiveron moi seguros e acabou sentenciando nos últimos minutos o xuvenil Gabi nunha boa acción de Raúl.

Fisterra - Cordeiro (0-4)

  • Fisterra: Joselu, Colombia, Breixo, Rubén, Alex Vázquez, Aarón, Guille, Lobelos, Maikel Mouzo, Capelo e Adrián Makaay. Tamén: Paulo, Lois, Isaac Fábregas, Estévez, Mario, Luisete e Juan Lagoa.
  • Goles: 0-1, m.44: Moisés; 0-2, m.46: Samuel de cabeza nun córner; 0-3, m.54: Rubén; 0-4, m.63: Romay.

WhatsApp Image 2024-04-21 at 17.00.55

Xa coa cabeza posta na Copa, e deixando no banco a xentes importantes con molestias, o Fisterra non puido cun dos cocos da categoría.O equipo comezaba ben armado, sen deixar xogar ao rival, e buscando balóns longos. Ata o m.35 no houbo ocasións, si que aí chega un balón ao longueiro na meta de Joselu, pero tramén na outra área unha falta de Capelo, remata Guille e o balón sae lambendo o pau.
Pero xusto antes do descanso, dun saque de banda local, o Cordeiro colle unha contra que non frean os fisterráns e Moisés bate por riba a Joselu. Demasiado premio para os visitantes.

Na segunda, os locais foron buscalos algo máis arriba, arriscando un pouco, pero apareceu aí o poderío arriba dos de Valga, que marcaron 3 bos goles en 20 minutos, un de córner e dous tras sendas xogadas por banda. Un paradón de Joselu, e unha ocasión de Makaay, as xogadas máis destacadas do treito final, nun partido que polo menos o cadro de Lobelos saíu sen baixas e sen forzar os tocados.

Praíña - Esteirana (3-0)

  • Esteirana: MJ, Kevin Rial, Simón, Code, Tobío, Damián, Pachi, Piki, Oli, Elías e Róber Pladur. Tamén: Martín Rama, Uxío, Adrián, Kevin Lariño, Alex Louro e Brais Noceda.
  • Goles: 1-0, m.25:

Partido xogado no Juan Amado de Pontevea, no que a Esteirana. Dous erros graves no ecuador da primeira metade nun equipo esteirán que saíu sen a tensión necesaria para un choque de 1ª, foron clave para o desenlace do partido. Con todo, o Praíña foi mellor en todas as liñas. Cos cambios o equipo estivo mellor na segunda metade.
Partido para esquecer e reflexionar.

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios