Bm: Xiria e Camariñas vencen arroupados polas súas afeccións
07:20 04/12/18
A Familia do Bm Camariñas volveu estar arroupada polos impresionantes Boya Blues
Doble vitoria do Calvo e do Boya esta pasada fin de semana. Os equipos costeiros deron sendas alegrías á súas afeccións e continúan na boa liña.
Pola zona alta da táboa da 1ª Estatal, o Xiria vencía a un rival directo, un firme candidato como o Rodosa Chapela. E facíao con rotundidade, deixándoo xa a 6 puntos na 5ª praza. Os carballeses suplían as baixas con intensidade e facíanse cunha vitoria que os mantén igualados no alto da táboa co Lavadores, ambos con 10 vitorias e 1 empate, cun punto de vantaxe sobre o Unión Financiera.
Pola zona baixa segue a súa escalada o Camariñas, sumando a súa segunda vitoria da temporada, pero colleitadas nos tres últimos choques. O Areal volveu ser clave na vitoria no derbi provincial ante o OAR, o qu elle permite aos costeiros ascender á antepenúltima praza, e ter a tiro dun partido xa ao propio OAR e ao Luceros.
Pola súa parte, o BM. Xallas disputa o seu partido este mesmo mércores, ás 20:00h no Pavillón de Fontenla ante o Bm. Ferrolterra.
1ª Estatal, xornada 11
- Resultado: Bm. Camariñas - OAR Coruña (34-25)
- Parcial ao descanso: (21-12).
- Bm. Camariñas: Alex Canosa, Alan (4), Cristian Canosa (8), Man, Eusebio, José Manuel, Alberto Mas (8), Bieito, Héctor (1), Fran Carril, Christian Antelo (2), Fabián (2), Javi Martínez e Xabi (1).
1ª Estatal, xornada 11
- Resultado: Calvo Xiria - Rodosa Chapela (33-21)
- Parcial ao descanso: (18-9)
- Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (2), Gabriel Castiñeiras (1), Julián López, Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (4), Chimpo (10), Carlos García (8), Juanka (3), Iago Franco, Manuel Méndez (2), Jorge Bouzas (1), Alejando Calvete (1), Enrique Pena Pensado (1).