Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O BNG volveu secundar a concentración en apoio ao pobo palestino

Concentracion Palestina Cee marzo 24
O BNG volveu secundar a concentración en apoio ao pobo palestino

Hai algúns que non fallan ás convocatorias de concentración en apoio a Palestina. Este xoves 21 de marzo, as entidades "Galiza por Palestina", "Mar de Lumes", "Asociación Galaico Árabe Jenin" e BDS Boicot a Israel volvían convocar á cidadanía nunha vintena de vilas do país, e a de Cee, co apoio do BNG Costa da Morte, non fallou, enchendo de berros a Praza 8 de marzo.

A vindeira mobilización está prevista para o 3 de abril no mesmo lugar.

Comentarios