Domingo. 19.05.2024
El tiempo

A voltas coa xornada única no CEIP Eduardo Pondal e no CEIP Bergantiños

A voltas coa xornada única no CEIP Eduardo Pondal e no CEIP Bergantiños
Case cen persoas participaron nunha charla informativa da ANPA A Granxa Case cen persoas participaron nunha charla informativa da ANPA A Granxa As Reválidas e as votacións polas xornadas únicas son dous dos principais protagonistas do panaroma educativo destes días na Costa da Morte. Así, hoxe será un día especial no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso xa que se celebrarán as votacións pola xornada única. As votacións levaranse a cabo no propio centro educativo en horario de 9:30 a 17:30 horas e os resultados publicaranse no blog www.anpapondal.com en canto se fagan efectivos. O horario lectivo proposto para o curso 2016-2017 é de luns e xoves de 9:30 a 16:30 horas; e martes, mércores e venres  de 9:30 a 15:45 horas. O horario de comedor será as 14:30 horas e ofertanse actividades extraescolares ata as 17:45 horas. CEIP Bergantiños  Tras a reunión mantida co xefe territorial da Consellería de Educación - Indalecio Cabana - a xunta directiva da ANPA A Granxa reuniunes coas familias dos alumnos e alumnas co fin de dar conta das novidades sobre a xornada única transmitidas polo responsable en educación. Na asamblea participaron un total de 87 persoas polo que para a ANPA "a ampla participación pon de manifesto o interese das familias por poder opinar sobre a posibilidade de establecer un horario continuado, unha vella demanda que cobrou forza ao longo deste curso" aseguran. Na asemblea deuse conta da información transmitida polo xefe territorial, Indalecio Cabana, e da posta en marcha do proceso para as votacións da xornada. Segundo está establecido na Orde correspondente da Consellería de Educación, en primeiro lugar é preciso un acordo do consello escolar por maioría dos 3/5 dos seus membros; xuntanza que se celebrará hoxe. Unha decisión similar ten que adoptar o claustro, e a partir dese momento darase conta á Xefatura Territorial para que poida emitir o informe favorable e fixar a data das votacións, que, segundo o compromiso adquirido polo propio Indalecio Cabana, "será antes de fin de curso". Charlas informativas Previamente o centro educativa ofrecerá unhas charlas informativas ás familias e, pola súa banda, a ANPA A Granxa realizará unha campaña divulgativa para intentar chegar ao máximo número de persoas. "Isistimos na importancia de que todas as familias acudan a votar, xa que para que a xornada única sexa aprobada é preciso o apoio favorable do 58 % do censo de nais, pais e titores legais. Só terá que votar unha persoa de cada familia, e intentaremos que o horario da xornada electoral sexa o máis amplo posible para facilitar a asistencia de todas e todos" recalcan dende a organización. Segundo a información facilitada polo xefe territorial, o horario do noso colexio sería de 09.40 a 14.40 horas, con servizo de transporte ao remate das clases. O comedor seguiría funcionando como ata o momento e a ANPA A Granxa ofrecerá actividades extraescolares de 15:30 a 17:15-17:30 horas. Nese mesmo horario, os nenos e nenas terán dispoñibles a biblioteca e un aula de estudo. Novas relacionadas Fonte

Comentarios