Domingo. 19.05.2024
El tiempo

A Anpa do CEIP Eduardo Pondal volve a votar a xornada única

A Anpa do CEIP Eduardo Pondal volve a votar a xornada única
CEIP Eduardo Pondal Un ano despois de que a xornada única no CEIP Eduardo Pondal non saíse adiante por tan só catro votos, a ANPA do centro volve cos trámites. Así, as nais e pais dos alumnos están convocados para votar a xornada única o vindeiro 26 de maio en horario de 09:30 a 17:30 horas. Previo ás votacións, celebraranse varias sesións informativas para as familias que terán lugar os días 18, 19, 23 e 24 de maio. Miguel Cousillas, presidente da ANPA do CEIP Eduardo Pondal, recorda que "o ano pasado a asistencia das familias foi masiva" xa que participaron 134 dos 154 posibles. Cousillas anima á xente a que participe repetindo o nivel de asistencia "independentemente da decisión que tome cada quen". Por outra parte, o presidente da ANPA está moi satisfeito coa acollida da "Campaña por un Centro Accesible", polo que quere agradecer a colaboración mostrada por parte dos directores dos centro educativo de Ponteceso e do CEIP As Forcadas de Corme. Con esta inciativa, que xurdiu dun proposta da Federación de ANPAS Costa da Morte, os alumnos e alumnas coa axuda dos profesores realizan unha serie de medidas que determinarán o nivel de accesibilidade que teñen ambos centros educativos. Cousillas agradece asimesmo o traballo realizado polo concelleiro de educación de Ponteceso, Carlos Penedo, xa que este proxecto pretende que a administración sea consciente do "nulo nivel de accesibilidade que teñen os dous centros educativos" para que se corrixan. Novas relacionadas Fonte

Comentarios