Domingo. 19.05.2024
El tiempo

A música será a protagonista do curso de verán #traballandoenlingua

A música será a protagonista do curso de verán #traballandoenlingua
Ademais das letras, a novidade da 13 edición do curso de verán #traballandoenlingua que a Universidade da Coruña imparte en Carballo, trae música. O programa de traballo xirará ao redor desta temática de gran importancia dentro da cultura galega e no proceso de normalización lingüística. Este curso desenvolverase os días 18 e 19 deste mes no Fórum Carballo grazas a un novo convenio entre o concello carballés e a UDC. O alcalde - Evencio Ferrero - e o reitor - Julio Abalde - asinaron onte o protocolo de colaboración, nun acto no que tamén estiveron presentes a coordinadora do curso - Marisol Ríos -; o secretario xeral da Universidade da Coruña - Carlos Aymerich - e a concelleira Milagros Lantes. convenio-concello-carballo-udc O concello de Carballo e a UDC asinaron onte o convenio de colaboración para celebrar a 13ª edición do curso de verán #traballandoenlingua “Para nós é sempre unha responsabilidade, pero tamén un motivo de orgullo ver como dos cursos organizados xurdiron iniciativas como os programas Apego ou Youtubeir@s, e supoño que este ano tamén sairán ideas interesantes”, manifestou Evencio Ferrero. O alcalde reiterou o apoio do concello de Carballo e agradeceu á UDC “que siga elixindo Carballo como sede”. Na mesma liña, Julio Abalde asegurou que para a UDC é “un fito e un pracer” manter no tempo a colaboración co Concello de Carballo. E con respecto aos obxectivos do curso de verán engadiu que “traballar pola dinamización lingüística ten que ser unha obriga dunha universidade pública e galega como é a nosa”. O reitor coincidiu co alcalde en destacar a importancia de que dos asuntos abordados nos cursos xurdan novas “liñas de actuación para traballar a prol da lingua”. Inscricións O curso de verán está destinado a persoas interesadas na dinamización lingüística e no proceso de normalización da lingua galega (técnicas/os de normalización, docentes, estudantado, profesorado, técnicos/as de cultura...) e persoas vinculadas ao tecido musical a través de asociacións, empresas, grupos, músicos/as... O prezo da matrícula é de 50 euros para o público en xeral e de 30 para estudantes, persoas desempregadas e socios/as da CTNL. Inclúe material, cafés e xantares. Hai 65 prazas e o prazo de matrícula amplíase até o día 16.   Programa
  • Mércores 19 de xullo
9.30-10.00: recepción e entrega de documentación 10.00-10.30: inauguración e benvida Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Julio Abalde, reitor da UDC, Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, Representante da CTNL, Marisol Ríos Noia, coordinadora do Servizo de Normalización Lingüística da UDC 10.30-11.30:"A creación musical en linguas minoritarias e minorizadas" relatorio de María Xosé Silvar "SES" 11.30-12.00: café conxunto 12.00-13.00: "Aproximación ao léxico dos instrumentos tradicionais galegos", relatorio de Pablo Carpintero 13.00-14.30: "A asunción do galego máis aló da música", mesa redonda con Mini,Mero e Pilocha 14.30: xantar conxunto 16.30-17.30: "Como mellorarmos a lingua a través do cancioneiro tradicional", relatorio de Xosé Manuel Sánchez Rei 17.30-18.45: "A xestión e a produción da música en galego desde o sector empresarial", mesa redonda con Arturo Baquero, Eloi Caldeiro, Patricia Hermida e Segundo Grandío 18.45-19.00: descanso 19.20.30: obradoiro de regueifa con Moncho do Orzán
  • Xoves 20 de xullo
10.00-11.00: "Aproximación a unha historia do rock en galego", relatorio de Xurxo Souto 11.00-12.00: "Lingua e música para as xeracións máis novas. A proposta do concurso Quero cantar", relatorio de Goretti Sanmartín Rei 12.00-12.30: café conxunto 12.30-14.00: "Cantar en galego e cantar en feminino: a importancia da voz da muller na música galega", mesa redonda con Rosa Cedrón, Sonia Lebedynski, Ugia Pedreira e M.J. Pérez 14.30: xantar conxunto 16.30-17.30: "A recollida de poesía e música oral en galego na actualidade", relatorio de Olga Kirk e Pablo Díaz 17.30-18.30: "Literatura, lingua e música", relatorio de César Carlos Morán Fraga 18.30-19.00: descanso 19.00-20.30: obradoiro de cantos de taberna con Ricardo Seixo Novas relacionadas Fonte

Comentarios