Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O uso do galego no eido empresarial centra o debate do #traballandoenlingua

O uso do galego no eido empresarial centra o debate do #traballandoenlingua
Onte tivo lugar no Forum de Carballo o acto de inauguracion do curso de veran Traballando en Lingua da UDC Onte tivo lugar no Fórum de Carballo o acto de inauguración do curso de verán Traballando en Lingua da UDC Anxos Sobriño, presidenta da CTNL -Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua -; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Julio Abalde, reitor da Universidade da Coruña -UDC-; e Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, foron os encargados de inaugurar onte o curso de verán da UDC Traballando en Lingua que ten lugar no auditorio do Fórum de Carballo. Ésta é xa unha cita habitual en Carballo que se vén desenvolvemento no mes de xullo e no que se reflexiona sobre a situación da lingua galega, e que, desta volta, o fará sobre o papel do idioma no ámbito empresarial. Todos eles tiveron verbas para aproveitar esta nova edición de Traballando en lingua e artellar "ideas e proposta e para obter enerxía para continuar traballando en lingua no futuro", en verbas de Sobriño. A presidenta da CTNL lembrou que no seo deste curso naceron propostas como Apego, no que xa participan 23 concellos galegos e que mesmo ten sido exposto como exemplo de iniciativa normalizadora no País Vasco. Tamén xurdiu a idea para por en marcha Youtubeiros, unha proposta dirixida á mocidade na que colaboran doce concellos - incluído o de Carballo -e as tres universidades galegas e que estará en marcha no mes de setembro no marco da plataforma de vídeos Youtube. Un referente Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, asegura que o curso é unha referencia "non só no verán, senón durante todo o ano", como o amosan iniciativas permanentes como a xa mencionada de Apego. Sobre o tema do curso, o galego no ámbito empresarial, subliña que "a lingua que queira estar á vangarda ten que ter unha presenza importante na economía" e espera que as xornadas axuden a afondar neste ámbito do idioma. Ademais de asistir á inauguración, García foi tamén o responsable do primeiro faladoiro do curso, no que presentou o Plan de Dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020- Pola súa banda, o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, manifestou o desexo da UDC de seguir colaborando na celebración desta cita, e sobre esta duodécima edición, espera que as reflexións servan para superar a "infravaloración do galego como idioma dos negocios" e axuden "a radiografiar a situación actual e a elaborar novas propostas". O encargado de pechar o acto de apertura foi o Alcalde, Evencio Ferrero, que subliñou a presenza do galego como elemento normalizador en moitas das empresas da contorna e que desexou que este curso "sexa altamente proveitoso para as persoas pero tamén para o conxunto da sociedade".   Novas relacionadas Fonte

Comentarios