Domingo. 19.05.2024
El tiempo

7 equipos costeiros afrontan a suculenta Copa Deputación

7 equipos costeiros afrontan a suculenta Copa Deputación
Cadro Futbol da Costa Copa Deputacion 2017 En marcha a XXIX edición da Copa de Fútbol Deputación da Coruña, coa participación de 7 equipos costeiros, os que participaron o ano pasado na Preferente e na 1ª Galega. Deixámosvos os cadros das primeiras roldas nas que se enfrontarán Dumbría e Outes na previa o vindeiro mércores 26, para ver quen se mide ao Xallas na segunda rolda, onde tamén competirán o Sporting Zas contra o Soneira e o Fisterra contra o Sofán. Aí queda o cadro do noso lado, pero ollo aos premios: Fixo por participar: Fixo por participar: 2.000 € a cada un dos 3 equipos de 2ª División B 1.500 € a cada un dos 9 equipos de Terceira División. 800 € a cada un dos 12 equipos de Preferente. 500 € a cada un dos 31 equipos de Primeira Autonómica. Eliminatoria previa: 800 € a cada un dos 3 equipos gañadores. 400 € a cada un dos 3 equipos perdedores. Primeira eliminatoria: 800 € a cada un dos 20 equipos gañadores. 400 € a cada un dos 20 equipos perdedores. Dezaseisavos: 1.200 € a cada un dos 16 equipos gañadores. 600€ a cada un dos 16 equipos perdedores. Oitavos de final: 1.500€ a cada un dos 8 equipos gañadores. 900€ a cada un dos 8 equipos perdedores. Cuartos de final: 2.000 € a cada un dos 4 equipos gañadores. 1.500 € a cada un dos 4 equipos que resulten perdedores. Semifinais: 2.400 € a cada un dos 2 equipos gañadores que se clasifiquen para a final. 1.900 € a cada un dos 2 equipos que resulten perdedores. Final: 8.000€ ao equipo que resulte campión. 4.000€ ao equipo que resulte subcampión.

Máis información

 

Fonte

Comentarios