Sábado. 20.04.2024
El tiempo

41 espectáculos reforzan unha edición do FIOT moi "millennial"

41 espectáculos reforzan unha edición do FIOT moi "millennial"
Un total de 41 espetáculo - 12 deles son estreas en Galicia e outros 3 son estreas absolutas - forman o programa da XXVII edición do Festival Internacional Outono de Teatro - FIOT - que se celebra no pazo da Cultura de Carballo do 28 de setembro ao 31 e outubro. A igualdade, o ocio e a incorporación dos máis novos ao mundo do teatro serán os tres piares básicos desta edición que presentaron esta tarde membros da asociación cultural Telón e Aparte e do concello de Carballo. O festival acollerá compañías das comunidades autónomas de Galicia, Castela e León, Cataluña, Madrid, País Vasco e Valencia, e tamén compañías estranxeiras, de Arxentina, Guinea Ecuatorial e Suiza. Nesta edición os organizadores teñen posta a mirada en atraer aos xóvenes que naceron co cambio de século e que agora están a acadar a maioría de idade. Con ise finalidade programaronse espectáculos sobre a mocidade actual, tamén coñecidos como millennials  ou xeneración Z. O FIOT tamén acollerá o teatro que están a facer as novas xeracións de actores, dramaturgos e directores. "Nós facemos público, é o noso compromiso. Confiamos en que as novas xeneracións se vexan representadas e que o FIOT non lles resulte alleo. Que sexan os nosos followers", sinalaron os organizadores durante a presentación do programa. Imaxe da presentación do #FIOT2018 Presentacion do FIOT 20182 Imaxes da presentación do #FIOT2018 Teatro de sala As representacións en sala arrancarán o 7 de outubor coa representación da obra “Future Lovers” do grupo madrileño La Tristura, compañía considerada como unha das máis interesantes do teatro contemporáneo español. A seguinte cita de sala será o día 11 de outuro con “Crimen y Telón”, dos madrileños Ron Lalá. A compañía recibiu no ano 2016 o Premio do Público do FIOT coa obra “Cervantina”. A terceira representación será "Playoff" por La Joven Compañía, un traballo escénico que foi recoñocido co premio El Ojo Crítico de Teatro de Radio Nacional de España. O 13 de outubro chegará a Carballo a obra "Fedra" de Pentación Espectáculos, que vén avaliada polas boas críticas e que ten no seu papel protagonista a Lolita Flores. Dentro da programación de sala tamén se representará a obra “PSS PSS” da suiza Compagnia Baccalá; “Iphigenia en Vallecas”, de Serana Producciones; "Commedia", de Contraproduccións; “El Tratamiento”, de La Abucción e Buxman Producciones; "Un enemigo del pueblo", de El Pavón Teatro Kamikaze; e "La Valentía", da compañía Lazona. Ao escenario do FIOT tamén se subirán outros referentes da escena actual galega e do resto do estado. Aquí terán un lugar as obras de Paco Becerra, Luís Luque, Celso Giménez, Borja Fernández, Marta Buchaca, Tito Asorey, Alfredo Sanzol... Estreas A estrea do certame estará protagonizada por La Trócola Circ, de Valencia, con “Emportats” que forma parte das ofertas programadas dentro das actividades do Teatro na Rúa. Entre as ofertas galegas destaca a presenza do director Tito Asorey, un dos directores mellor recoñecidos da comunidade e que poñerá en escea a obra “Somos criminais”, interpretada por Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán. Ademais do teatro de sala, o programao do FIOT complétase con outras actividades paralelas que se reforzan ano tras ano. Unha delas é o OTNI. Éste é un espazo de representación alternativo do FIOT, que xa vai pola súa novena edición, e que este ano contarán con representacións como “La tristeza de los ogros”, “Salvador" e “Wasted”. Outra das actividades é a Rúa dos Contos que nesta 20ª edición terán aires internacionais coa presenza de compañías de Guinea e Arxentina. Tamén estarán algúns dos clásicos e os chamados emerxentes. Haberá estreas e algunha existosa reposisción. Os espectadores poderán disfrutar con Avelino González, Marcos Pereiro, Peter Punk, Manoliño Nguema, Víctor Grande, Lupe Blanco e Bieito Lobariñas, Lois Pérez, Cándido Pazó, Las Antonias, Chanson Mormón, Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran. O fin de festa da Rúa dos Contos será repsonsabilidade de Monoulious Dop, unha das formacións musicais máis alternativas do rock actual. O Teatro na Rúa tamén estará presente en toda a vila con espectáculos para todos os públicos. Inaugurarano os valencianos de La Trócola Circ coa obra “Emportats”, e haberá representacións das compañías Cair Circo, Maintomano e Antón Coucheiro. Por segundo ano, o FIOT acolle o certame de Microteatro Metro Cadrado; unha nova forma de disfrutar do teatro sen barreiras e con intensidade. Este ano o certame comezará o sábado 13 de outubre coas obras "Mi bici" e "Pan", de M+1 (Teatro Circo Danza) e Helena Salgueiro, dúas estreas absolutas. Tamén haberá actuacions de Faunos, Diego M. Buceta, Tukumpás Teatro e Moito Morro Teatro. A 27ª edición do FIOT completase co Fiotiño composta por unha programación especial para nenos e nenas. A representación de "Noite branca no teatro" e o XVIII Concurso Escolar de teatro lido Xosé Manuel Eirís serán as dúas citas clave para os máis novos. Tamén haberá unha programación especial para os adolescentes, que é unha das novidades desde ano. As poetas Lucía Aldao e María Lado representarán o seu espectáculo “Movidas de Poesía” nos institutos de Carballo. Unha representación que mestura poesía, música e humor. E como sempre, tamén terán a súa presenza as exposicióins, a gastronomía e a escola do espectador. Entradas As entradas da 27ª edición do FIOT pódense mercar vía internet a través da plataforma www.ticketea.com, na web oficial do festival www.fiot.gal e na súa páxina de Facebook. Tamén poderán adquirirse de forma anticipada no teléfono 902 044 226 e na billeteira do Pazo da Cultura o propio día da función. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/lolita-trae-ao-fiot-a-sua-obra-de-teatro-freda/ A compañía Ron Lalá estrea no FIOT a súa obra “Crimen y Telón” “A compañía Ron Lalá estrea no FIOT a súa obra “Crimen y Telón”” — Que pasa na costa “Este ano o derbi xógase no FIOT27 entre Carlos Blanco e Touriñán” — Que pasa na costa “O FIOT premia a Manuel Lourenzo co Xograr de Outono 2018” — Que pasa na costa Fonte  

Comentarios