Venres. 29.03.2024
El tiempo

A compañía Ron Lalá estrea no FIOT a súa obra "Crimen y Telón"

A compañía Ron Lalá estrea no FIOT a súa obra "Crimen y Telón"
ron-lala-fiot-carballo A representación "Crimen y Telón" será o 11 de outubro ás 21:00 horas A compañía madrileña Ron Lalá volve a Carballo na próxima edición do FIOT - Festival Internacional Outono de Teatro - coa estrea da súa nova obra "Crimen y Telón" despois de que no 2016 obtiveran o premio do público con "Cervantina". A representación será o día 11 de outubro ás 21:00 horas. A nova obra de Ron Lalá é un thriller ambientado nun próximo futuro no que as artes están prohibidas e o planeta é liderado por unha intelixencia artificial cun exército de drons. Unha investigación a contrarreloxo na que calquera pode ser culpable. Humor cítrico, ritmo desenfreado, poesía, música, gargalladas, provocación e un espírito xuvenil que tan ben acae neste FIOT. Con esta comedia musical, Ron Lalá realiza unha homenaxe ao teatro universal. Despois de converterse nun premiado referente nacional pola actualización do teatro clásico, volven a Carballo cun xiro ao xénero negro ao que transfiren a identidade, tan querida polos fioteiros, xa que de feito recollerán un novo Premio do Público do FIOT, neste caso por Cervantina, que representaron na edición do 2016. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/este-ano-o-derbi-xogase-no-fiot27-entre-carlos-blanco-e-tourinan/ https://quepasanacosta.gal/o-fiot-premia-a-manuel-lourenzo-co-xograr-de-outono-2018/ Fonte

Comentarios