Luns. 20.05.2024
El tiempo

O primeiro campamento náutico pola Mostra do Encaixe

O primeiro campamento náutico pola Mostra do Encaixe
Campamento Nautico Camarinas Semana Santa Encaixe 2016

Vai chegando a Semana Santa e con ela a Mostra do Encaixe. O 23 de marzo inaugurarase a XXVI Mostra do Encaixe de Camariñas, na que se darán cita artesanas de diferentes países para exhibir as súas habilidades co palillo, ademais doutras artesanías e actividades de todo tipo, o que converterá á localidade un ano máis na capital mundial do encaixe.

Este ano, ademais, a Semana Santa ten unha novidade, a estrea Camariñas o I Campamento Náutico “Encaixe Azul”. O evento desenvolverase entre os días 21 e 26 de marzo nas instalacións do club náutico camariñán, en horario de mañá (de 10 a 14 horas). Os asistentes poderán participar da navegación en barcos de vela lixeira, kayak, windsurf, yoga e mar ou talleres de nós, entre outras actividades. O sábado 26 de marzo celebrarase o I Regata Encaixe Azul, na que estarán todos os participantes do campamento. A entrega de diplomas será ao día seguinte no recinto da Mostra.

O prazo de inscripción xa está aberto para todas as persoas que desexen acudir, e si realízase antes do 15 de marzo a licenza federativa anual (que é obligatoria e costa 16 euros), será gratuita. As persoas interesadas poden consultar máis información en encaixeazul.wordpress.com.

Novas relacionadas Fonte

Comentarios