Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A primavera entrou polo cole de Vilarmide

Rapazada de Vilarmide nas fervenzas de Trasufre
Rapazada de Vilarmide nas fervenzas de Trasufre
A primavera entrou polo cole de Vilarmide

Esta semana no CEIP de Vilarmide Eduardo Noya celebraron por todo alto a chegada da Primavera. Tras un trimestre de duro traballo, tanto as profes como os alumn@s esperaban impacientes a chegada das vacacións. E que mellor forma de facelo que conmemorando tres datas importantísimas?

  • Día Mundial dos Bosques (21 de marzo),
  • Día Mundial da Poesía (21 de marzo)
  • Día Mundial da Auga (22 de marzo).
Patio do CEIP Vilarmide de Muxia
Patio do CEIP Vilarmide 

Durante toda a semana o alumnado traballou sobre a importancia da auga para a vida no planeta. Todos os alumn@s convertéronse en Superheroes e Superheroínas ao rescate da gota estragada. Decoraron as paredes con debuxos nos que se resumen as razóns de “Por que temos que aforrar auga en Galicia” e nos que se dan consellos para rescatar a gota estragada. Ata levaron ás súas casas recomendacións caseiras e ecolóxicas para limpar os fregadoiros e os desaugues. Todas estas actividades van ser presentadas ao ao concurso Generacioneco.

Así mesmo, para celebrar o Día Mundial da Árbore e da Poesía (e tamén para celebrar a chegada das vacacións), retoaron unha actividade que levaban tempo sen facer: saída á area recreativa das Caldeiras do Castro. Comeron alí e gozaron do patrimonio paisaxístico dunha zona exquisita.

Antes de subir ao autobús, os nen@s xuntáronse na biblioteca para ler poesías relacionadas coas árbores, e coa auga. Adornaron as paredes do colexio con debuxos sobre a importancia que as árbores teñen para o medio ambiente e con algunhas frases que fan reflexionar sobre a vida.

CEIP VIlarmide de Muxia

Foi unha xornada moi produtiva a nivel pedagóxico. na que os alumn@s interiorizaron a sorte de vivir onde viven e o importante que é coidar os recursos naturais aos que moitas veces non lles damos valor.

Máis novas

Comentarios