Venres. 03.05.2024
El tiempo

Así son os prazos para a nova rotonda de Malpica, que custará 325.000€

Estrada onde vai a glorieta de Malpica
Estrada onde vai a glorieta de Malpica
Así son os prazos para a nova rotonda de Malpica, que custará 325.000€

Vén de aprobar, provisionalmente a Consello da Xunta, o proxecto da anunciada rotonda de Malpica. A glorieta que dará acceso dende a estrada autonómica de entrada na vila ao Colexio Público Milladoiro, ao centro cívico e á rúa Canido, custará 325.000 €.

Nas vindeiras semanas o proxecto de trazado someterase ao trámite de información pública, tamén a efectos expropiatorios, xa que se afectan 2 predios. A previsión é aprobar definitivamente o proxecto no outono para realizar a convocatoria dos actos expropiatorios e licitar as obras no primeiro trimestre de 2025. O prazo para acometer os traballos será de 5 meses.

A glorieta

Mapa glorieta de Malpica

Afirman que se trata para mellor a seguridade e poder reducir a velocidade na pendente recta de entrada á vila pola AC-418. Así, a glorieta disporá dunha circunferencia de radio de 14 metros no anel exterior da calzada, e 8 metros de diámetro no anel interior, que será de formigón cunha pequena zona verde interior.

Actuarase na rúa Canido, afectada nunha lonxitude de 10 metros; e no acceso ao colexio público, nunha lonxitude de 20 metros.
Na intervención, tamén se reporán as beirarrúas cun ancho próximo aos 3 metros e pavimento de louseta, dando continuidade aos itinerarios peonís existentes.
Con respecto á pavimentación da calzada, esta será en aglomerado en quente naquelas superficies que antes da obra non contaban con pavimento.
Ademais, acondicionarase a drenaxe á nova configuración da glorieta, e rematarase a obra con sinalización horizontal e vertical.

Comentarios