Venres. 03.05.2024
El tiempo

Preferente: Esta categoría non é o teito dun Sofán que pensa na Copa

11 do Sofan no Carral-Foto-Kaatya
11 do Sofán no Carral-Foto-Kaatya
Preferente: Esta categoría non é o teito dun Sofán que pensa na Copa

Cuarta vitoria seguida desta SD Sofán, xa sen practicamente nada en xogo na liga de Preferente, pero que segue competindo por quedar o máis alto posible. Semella que esta categoría non é o teito do cadro carballés, que pode gañar calquera, como demostraba a semana pasada tomando a Barraña, e que prepara a renovación do título da Copa da Costa.

Sofán - Castro (4-0)

  • Sofán: Brais, Iván, Noe, Xandre, Currás, Luca, Fabián, Martín, Braian, Bandera e Javi Souto. Tamén: Gardu, Raúl, Fita, Dani Pena, Dani Rod., e Marcos Montero.
  • Goles: 1-0, m.16: Bandera de penalti cometido sobre Javi Souto; 2-0, m.30: Javi Souto; 3-0, m.54: Martín; 4-0, m.69: Currás dende a frontal.

Cómodo partido para os de pablo Torreira, que xa á media hora tiña practicamente resolto o partido, con dúas boas accións de Javi Souto. Non cambiou a cousa na segunda se ben os visitantes, apurados na zona baixa, intentaron subir liñas, pero o que deixaron foron máis ocos atrás para que chegase, moi pronto, a sentenza.

MÁIS NOVAS

CRÓNICAS DA PREFERENTE

MÁIS NOVAS

MÁIS INFO

Comentarios